28/11/08

Ninguén vai pensar que é certo
e ides flipar en cores
tivemos dous regueifeiros,
son sen dúbida os mellores.


Regueifar é cousa fácil
cando os nosos mestres son
Luisiño o Caruncho
E máis o Pinto de Herbón.



Aí vos vai por despedida
aí vos vai por derradeira
unha clase divertida
de como facer regueifas.

3 comentarios:

  1. eu regueifar,regueifaba
    todo o día sen parar
    sen deixar o meu traballo
    así poderte axudar.

    ResponderEliminar
  2. pois regueifa meu amigo
    meterante nun bo lio,
    pidelle un pouco viño
    e serás un asubio.

    ResponderEliminar
  3. foiche cousa divertida
    Caruncho e máis o Pinto,
    deixáronnos aledados
    seguro que eu non minto.

    ResponderEliminar