Este curso celebramos as Letras Galegas con varias actividades que desenvolvemos durante o mes de maio. Ademais da exposición cos carteis gañadores do concurso convocado pola Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, organizamos un Obradoiro de Iniciación á Pandeireta, impartido por Clara Gómez Novas, alumna de 3º ESO.
Por outra banda, na aula de Polos Creativos fabricamos uns chaveiros de pandeireta coa impresora 3D, que despois decoramos con deseños impresos coa cortadora láser.
Ademais, profesorado, alumnado e persoal non docente, participamos nun acto dedicado ás cantareiras, no que recitamos o poema “A fala” de Manuel María, tocamos a gaita, cantamos a Foliada de San Amaro acompañadas de pandeiretas e bailamos unhas muiñeiras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario