Foto biblioteca

Foto biblioteca

25/6/08

DESPOIS DO REMATE DO CURSO LECTIVO A VIDA SIGUE!

O martes 24 ás 9 da mañá, o profesor de Educación Física Toño, e a profesora de Educación Física María, con tres alumnos/as do centro, foron a Donón(Cangas), a practicar escalada.
Todos ían a recibir as primeiras nocións de escalada da man experta de Toño.
As fotos falan por si solas. Para que logo digan que os profes non traballan!.

24/6/08

23/6/08



19/6/08

Vento ferido




O libro non me gustou porque cando me empezaba a gustar un relato xa rematara.O relato que mais me gustou foi o do circo,cando se enamorou dunha rapaza do circo que era francesa.


Sandra Smyth 3ºA

LÚAS DE NÁCARA


é un libro moi bonito porque conta unhas historias que teñen misterio pero ao lelo vas descubrindo todo.
eu recomendolle ás persoas que lles gusten as historias de amor, misterio,...
Seila Masenlle Alonso 4ºB (18/12/2008)

O libro non me gustou moito, porque son moitos contos, e ademais, son un pouco fantásticos, e algúns eran difíciles de entender.

Lourenzo 3º A
Publicar entrada

18/6/08

¡ASUSTATE ,MERCHE!

autor/a: Fina Casalderrey
editorial: xerais

Pareceume un libro moi bo. É facil de entender grazas a que ten un vocabulario sinxelo.
O mellor do libro é a súa mestura de presente e futuro.

Yolanda Entenza Rúa 3º A

17/6/08

13/6/08

ENSAIOS PREPARATORIOS PARA A ACTUACIÓN DE REMATE DE CURSO

Os rapaces e rapazas que ensaian nos recreos para a actuación de fin de curso, merecen os nosos aplausos pois no seu tempo de lecer seguen a traballar para facernos un agasallo final.
Para todos/as eles/as os nosos parabéns.
Non nos esquecemos de Xabier o profe de música, que os anima,coordina e sempre está disposto para botar unha man no que faga falta.
Luis Martínez Gallego 2º A forma parte de Retrouso de Cela.
Raquel Paz García 1º A forma parte de Retrouso de Cela.
Alba Fariña Torres 1º C forma parte de Retrouso de Cela.
Martín Cabaleiro Davila 1º A forma parte de Retrouso de Cela.
Irene Cabanelas Meira 2º A forma parte de Retrouso de Cela.
Adolfo Buceta Cobas 1º A forma parte de Retrouso de Cela.
Óscar Martínez Parada 1º A forma parte de Retrouso de Cela.
Josuha Acuña Martínez 3ºA forma parte de Retrouso de Cela.
Álvaro Estévez Castro 3º A forma parte de Retrouso de Cela.
Raúl Vidal Juncal 1º B forma parte de Retrouso de Cela.
Patricia Comedeiro Alfaya 1º C forma parte de Manxadoira.




XA SAÍU O ÚLTIMO NÚMERO DA REVISTA UMBRELA Nº 11

Umbrela 11.

Revista do IES Illa de Ons. Bueu. Galiza. Xuño de 2008.

Publicamos Umbrela 11 a un mes de ter publicado a nº 10, porque neste novo número incluímos todos os relatos que participaron no concurso organizado pola asociación Os Galos. Destacamos deste número:


  1. Jorge Bernárdez Martínez, e 2º A, e Beatriz Vidal Patiño, de 1º C, obtiveron o 1º e 2º premio respectivamente na súa categoría, no concurso de relatos mariñeiros organizado pola Confraría de Bueu e a asociación Os Galos.Un ano máis as alumnas e alumnos de Dora conseguen os premios deste concurso. Os nosos parabéns aos premiados, a Dora e aos alumnos de 1º e 2º de ESO que participaron en grande número neste concurso.

  2. Diarios de Adriana e Jacky. Novas entregas (capítulos 3 e 4) da novela, que xa está a piques de se publicar enteira na súa Googlepage e na súa páxina web.

  3. Memoria de Adán. Nova entrega dos escritos, que tamén seguen publicándose na súa Googlepage.

  4. Club dos Poetas Vivos. Nova entrega de poemas, algúns deles aínda non publicados na rede.

  5. Pablo Seijas, un compositor e cantante que rematou 4º de ESO no IES Illa de Ons en xuño do ano 2007, e que nos entrega unha entrevista e algunhas gravacións de vídeo e audio da súa creación (algúns aínda non coñecidas). Podedes encontrar algúns destes materiais no blog do Equipo de N. e D. Lingüística. Queremos que as persoas que rematen os estudos no IES Illa de Ons teñan a posibilidade de colaborar tanto con Umbrela como cos diferentes blogs que se editan no centro, polo seu carácter de ex – alumnos.

  6. Anxo Fariña Facemos unha pequena reportaxe fotográfica con e os seus debuxos, así como da charla de Xesús Constenla.

  7. Viaxes. Publicamos crónicas das viaxes a Lourizán-Pontevedra e a Madrid.

  8. Internet no Illa de Ons: Biblioteca:bibliotecailladeons.blogspot.com

  9. Equipo de Normalización de D. Lingüística:
    http://endl-illadeons.blogspot.com/

Umbrela : http://revistailladeons.blogspot.com/

www.doussabores.zxq.net


PREME NESTA LIGAZÓN PARA VER UMBRELA Nº 11:

bibliotecailladeons.googlepages.com/revistaumbrelanº11

12/6/08

NOVA ENTREGA DE POEMAS

Club dos Poetas Vivos.

Nova entrega de poemas,e seguiremos con máis entregas nas datas próximas.

Tamara García Piñeiro

Teño un novo amor,

que non me traizoa.

Ámoo máis do que te amei a ti.


Estreya

Por que choras, se te quero?

Non o sei,teño medo

Xa non sei se te amo

É un pesadelo.

Agustín Gallego

Escuitas !

Alguén fala.

Esa voz…

Quen é?

Pode ser…

Non sei.

Dubido.

Creo, penso

si

a voz do amor.

Preme nesta ligazón para ver a creación do Club do Poetas Vivos

http://bibliotecailladeons.googlepages.com/home



10/6/08

CONCURSO LITERATURA MARIÑEIRA"UN TRABALLO POR UN PASEO"

Un ano máis vense de celebrar o concurso de literatura mariñeira, organizado pola confraría de pescadores San Martiño de Bueu e a Asociación "Os Galos", coa participación de tódolos centros educativos do concello de Bueu.

Desde aquí, felicitamos ós dous alumnos/as do noso centro que levaron o 1º e 2º premio no nivel de 1º ciclo da ESO.Estes son os traballos que presentaron ó concurso.O resto de traballos presentados polos alumnos/as do centro podedes velos na revista Umbrela nº 11, que está próxima a saír.

http://revistailladeons.blogspot.com/

1º premio concurso literatura mariñeira do 1º ciclo da ESO


Sería cuestión de sorte?

Beatriz Vidal Patiño-1º C


Hai algúns anos, cando eu era unha cativiña dun ano, vivín a miña primeira gran aventura, e comenza así:

Era no mes de Outubro, e o meu avó que se chama Juanito andaba a traballar no mar, nun barco coñecido polo nome de ``JOCABAL´´. Aquel mes o meu avó pasouno queixándose de que se lle daba igual saír ó mar ou non saír, porque dicía que non daban pescado nada.

Meu avó, así coma o meu padriño que se chaman, Manolo (o armador) e José, que era o mariñeiro, dedicábanse a traballar, ante todo, as nasas do polbo , aínda que tiñan outras moitas licenzas para ir ó mar, tamém outras artes de pesca (nasa de faneca, rastro de ameixas…). Eles estaban acostumados a coller moita pesca, pero como pasa às veces tamén lles chegaron os tempos das vacas fracas.

Toda a miña familia é da illa de Ons, e como è tradición, o día primeiro de Novembro ou día de defuntos, os colonos da Illa de Ons vanlle render culto òs seus defuntos por medio dunha ofrenda floral.

Antes non era como agora en día, que se vai no barco de pasaxe ata a Illa. Hai algúns anos atrás que a xente da illa que nese momento non se atopaban alí, collían os barcos de pesca, e ese era o medio de tramsporte para ir toda a familia à Illa de Ons.


Daquela,os homes ían pescar os pintos, e as maragotas para comer, mentres que as mulleres abrían as casa, amañábanas, e ían ó cemiterio poñer candís, velas e flores para honrar os mortos. Ese mes de Novembro, concretamente o día un coincidiu no medio da semana, entón os armadores dos barcos colleron as

súas familias, para levalas á illa, e despois ir largar as nasas do polbo para ver se pescaban algo.

O meu avó e o meu padriño decidiron todo o contrario, decidiron ir largar as nasas primeiro, pola parte de detrás do Centulo e despois levarnos á terra e quedar a axudarlle ás mulleres. Despois, antes de volver a Bueu, levantarían as nasas coa pesca, recolleríanas, e voltariamos todos xuntos. Pero, aínda que a miña nai protestou, porque había moitísimo vento e o barco balanceaba moito, a decisión xa estaba tomada.

Eu era a mariñeira máis nova de abordo. Cóntame a miña nai que os que non pertencían à tripulación habitual do barco ían todos mareados, e xa nin se tiñan en pé, ían sentados pola ramorta adiante. Pero din que eu co balance pasábao xenial, e non paraba de rir.

Entón cando o meu avó parou de largar, lavou as mans e colleume no colo, ergueume e el, o meu padriño e José, dixeron: ``Seguro que o traer a Bea vainos dar sorte, era un presentimento dos tres´´.

De alí a un anaco chegamos á illa e fixemos todas as tarefas que estaban previstas. A tripulación do barco saiu ó mar ó acabar de comer e dalí a tres horas xa os estabamos agardando no peirao para voltar para Bueu.


Cando os viron chegar todos gritaban o meu nome con xúbilo. Nun só día pescaran o que non pescaban no mes. O meu padriño riu e dixo que como era tan cativa non me podía levar ó mar, pero sí ía por unha foto miña na ponte do barco.

Din que houbo máis crise na pesca pero sempre lembran ese día na casa, por algo será…

Meu avó di que esta lembranza vai DEDICADA: Ó Jocabal, que se despezou en agosto do 2007 e á súa tripulación, que eran: Juan Patiño Méndez, Manuel Dios, e José


2º premio concurso literatura mariñeira

do 1º ciclo da ESO

"Anécdotas dun home de mar".

Jorge Bernárdez Martínez,2º A

Meu pai comezou a ir ó mar con dezaseis anos e leva case trinta e dous no oficio. Durante este tempo viviu circunstancias mellores e peores. Entre elas houbo tempestades, sinistros, etc. De todo isto, vou contar algunhas historias que recorda, pois xa son moitos os anos que leva embarcado

O ciclón de Terranova.

No ano 1979, indo cara a Terranova no Leonmarco Tres, á altura das Illas Azores, atopáronse cun temporal ciclónico que desarborou o barco, rompéndolle os medios que tiñan de salvamento. Para recuperalos, a tripulación tivo que faenar amarrada con trocas, porque os golpes de mar que entraban a bordo do barco poñían en perigo a vida dos tripulantes que procedían a trincar os botes, balsas salvavidas e redes.Con aquel golpe de mar quedaron incomunicados, pois queimáronselles os aparellos de navegación, entrándolle a auga nos aloxamentos de descanso. Como non había medios de achique tiveron que achicar auga con caldeiros.

Continuaron a viaxe cara ás illas francesas de Sant Pierre et Miquelon, onde foron arranxar o barco. Tiveron que substituír os cristais que tiñan rotos na ponte por anacos de táboas de madeira. Este era un traxecto que, en condicións normais do tempo levaríalle entre cinco e seis días e debido ó mal tempo e ás condicións nas que se encontraba o barco no que navegaba, levoulle trece días. Esta era a primeira viaxe que realizaba a este caladoiro.

El comenta que, sen chegar a ese lugar, viviu este suceso, e di que se o barco tivese volto ó porto base que era Vigo, non volvería pisar este caladoiro debido ás informacións que tiña sobre el, que había moito mal tempo, que facía moito frío... etc. En cambio, comprobou que só fora aquela marea, porque el faenou durante once anos no mesmo caladoiro e no mesmo barco sen que lle sucedera nada máis ocasionado por un temporal.

A morte no mar.

O día 18 de Novembro de 1985, estando meu pai no Leonmarco Tres, nos caladoiros de Terranova, viviu un suceso moi doloroso.

Estaban os quince mariñeiros preparados na cuberta do barco para botar o aparello ó mar. Cando o aparello baixa pola rampla do barco, leva moitísima forza, debido a que vai pendurado duns cables de aceiro ós que lle chaman lanteóns. O desafortunado protagonista desta historia tivo a mala sorte de, nun descoido, bater co aparello e caer ó mar pola rampa.

Nese intre, os seus compañeiros pararon de inmediato a faena e foron axudalo desesperadamente. Moveron os reflectores cara ó mar intentando localizalo e axiña deron con el, pois estaba cos brazos levantados pedindo axuda. Lanzáronlle un aro salvavidas a ver se intentaba collelo pero el entre a impresión de caer e a temperatura da auga, que neses mares é moi fría, fracasou no intento e perdérono de vista entre as augas do mar.

Poucos segundos despois volveu a flote pero esta vez xa con menos forzas, e sabendo que tiña poucas posibilidades de seguir vivo fixo un xesto como se quixese despedirse dos seus compañeiros. Ésta foi a última vez que os tripulantes do Leonmarco Tres viron o seu amigo “Trini” (que era o seu alcume a bordo do barco) pois despois diso, volveu desaparecer e esta vez para non volver nunca máis.

Seguiron toda esa noite buscando o seu corpo e despois de pedir axuda estiveron rastrexando a zona durante dous días máis a ver se podían recuperar o seu cadáver pero isto foi imposible. Entón, tiveron que abandonar a zona e poñer rumbo ó porto de Sant Pierre et Miquelón en Canadá para facer os trámites necesarios que lle piden nestes casos.

Logo, celebraron unha misa funeral pola súa alma e moi aflixidos tiveron que voltar ós mesmos caladoiros onde sucedera o fatal desenlace e continuar marea ata Febreiro do ano seguinte

Rescate no María Gallego.


Hoxe en día, meu pai faena no caladoiro de Gran Sol, unha cousa parecida ó de Terranova, pero sen tanto frío. Está embarcado no Pescaberbés Tres. Neste barco tamén viviu un dos episodios que nunca se debería vivir. Tivo que ir ó rescate do “María Gallego” porque eran os que máis preto estaban del. Isto foi xa nunha data recente, en Agosto de 2006.

Eran as cinco da madrugada. El atopábase no seu camarote descansando e foi o patrón a pedirlle que se levantara porque tiñan que ir ó rescate dun barco que se estaba afundindo debido a unha vía de auga. Meu pai preguntoulle sorprendido onde estaba o barco e o patrón contestoulle que a dúas millas deles, pero que xa non se lle miraba o alumado.


Este naufraxio foi unha cousa vista e non vista, pois en cuestión de vinte minutos o barco afundírase. A tripulación do barco sinistrado empregou os medios de salvamento que lles deu tempo. Uns tiñan chaleco, outros non. Algúns tiñan roupa de abrigo, outros simplemente coa que se atopaban na cama, pero todos se botaron ás balsas salvavidas que foi onde os encontraron cando chegaron ó lugar do suceso.

O barco xa se atopaba mergullado entre as augas do mar. Só se vía a ponte do barco somerxida e as antenas da telefonía que era o único que quedaba a flote.

Rescataron, por sorte, a toda a tripulación que se atopaba a salvo en dúas balsas salvavidas, mollados e cheos de frío. Subiron pola escada de gato polos seus propios medios, iso os dunha balsa, porque os da outra rescatáronos enganchando a balsa co guindastre do que dispón o barco xa que doutro xeito o único que conseguirían sería afundilos. Non era un día de mal tempo, pero tampouco había moita calma. Como lle soe chamar meu pai: Un día de “trangallada”.


Unha vez a bordo do barco, sans e salvo, déronlle de comer, roupa e calzado e trasladáronos ó porto máis próximo que era o de Castletown, en Irlanda.

4/6/08

ANXO FARIÑA

O Martes día 3 de xuño, os alumnos de 1º e 2º da ESO puidemos gozar uns intres marabillosos con Anxo Fariña, que nos veu a contar algúns segredos do seu 1º libro dos Megatoxos.
O proceso creativo desde o tema, os persoaxes, os lugares onde transcorre a acción.
Mostrounos a súa maxia para crear seres,obxectos... cun simple rotulador e papel.
Moitas gracias e deica pronto.

















OBRADOIRO DE INICIATIVAS EMPRENDEDORAS





Os alumnos /as do obradoiro de iniciativas emprendedoras estamos organizando un Proxecto de Cinefórum para o final deste curso .
Este proxecto consistira na visión e coloquio dunhas películas seleccionadas por nos e polos Departamentos .
Con este proxecto pensamos que podemos aprender dunha forma divertida .
Estas son as películas seleccionadas para traballar:

1º A Lingua das bolboretas .
2º Café irlandés .
3º Cyrano de Bergerac

Invitámoslles a suxerir as propostas para o coloquio.


Vémonos no cinefórum

JOSUHA


Ola! Son Josuha Acuña Martínez. Moitos de vós me coñecedes por verme no instituto, por ser amigos meus, e outros moitos pola exposición dos meus debuxos feita neste instituto e organizada por min mesmo e coa axuda da profesora de plástica Ana Ojea. Estes debuxos non se referían a ningún tema en especial, soamente eran cousas que pasaban pola miña cabeza. Espero que vos gustaran e tamén espero darlle un empurronciño a todas aquelas persoas ás que lles guste debuxar, para que sigan adiante con esa fermosa habilidade.