Foto biblioteca

Foto biblioteca

21/12/09

Contacontos para os máis cativos


O venres 18 de decembro,5 alumn@s do centro foron ao CEIP A PEDRA,a contarlle contos aos de infantil de 4 anos.
Victoria Freire, contoulles a historia de "Xanardán e a becha".
Óscar Santos e Erica Ferradás contarionlle "A cebra Camila".

Álvaro Omil, contoulles a historia dos "tres bandidos".
Iria Piedras a historia do "lobo Buzú está namorado"
.

Pel de lobo




PEL DE LOBO
AUTOR/A : XOSÉ MIRANDA



Este libro serviume para me decatar da importancia que teñen algunhas persoas nas nosas vidas e o cariño e amor que lles debemos.
Se ao principio o libro non te engancha moito non te preocupes nin deixes de lelo, pois o interesante está ao final.
Aida Carballo Fazanes (21/12/09)

Conta saldada




O libro gustoume ,sobre todo cando a protagonista se entera de que ao seu pai o asasinaron. Entón ela quere descubrir quen fora ,logo ela pensa que o rapaz que a estaba axudando a descubrir ao asasino sería o seu irmá pero ao final non é.

Belén Estévez Rodríguez (21/12/09)

Chamabase luis




O libro non me gustou porque é triste e tamén porque os protagonistas estaban metidos na droga.

Belén Estévez Rodríguez ( 21/12/09)

Este libro trata dunha familia que vive o mundo dsa drogas moi cerca. Eu penso que reflicte bastante ben como viven as familias que teñen este tema tan cercano e o mal que o pasan os familiares.
Alba Paz Ferradás (21/12/09)

18/12/09

Ollos de auga

Gustoume moito o libro xa que mantén a intriga ata o último momento e van encaixando as pezas a medida que avanza a novela.
Pedro Novas Otero (21/12/09)

14/12/09

LIBROS PARA ...

Ler,regalar, ollar, disfrutar,posuir, usar,gozar e moito máis!.
Selección feita pola Coordinadora DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO MORRAZO .



Libros para infantil:



Primaria:

27/11/09

A PRAIA DOS AFOGADOS




O libro gustoume moito porque retrata a vida dun policía e dún caso que tera que resolver el, maís o seu axudante.

JONATAN LOBEIRA 4º ESO ( 24/11/09)

CONTA SALDADA




Conta saldada:
Este libro gustoume porque é unha historia vivida por adolescentes.
Idoya Cancelas León 3ºA ( data 27/11/09)

Gustoume o libro porque a rapaza enfrontase os problemas e a averiguar a verdade do que pasou coa morte de seu pai.

Jonatan Lobeira 4º ESO 24/11/09


25/11/09

ANXO FARIÑA PRESENTANDO O 3º LIBRO DOS MEGATOXOS

O día 23 Anxo Fariña presentoulle aos alumnos de 1º da ESO o seu 3º libro da serie dos Megatoxos, acabado de saír do prelo." OS MEGATOXOS E OS TEMPLARIOS DA LUZ".




VIAXE FOTOGRÁFICO-LITERARIA . ANXO CABADA


Exposición de Anxo Cabada de fotografías e textos poéticos que estará en horario de mañá e tarde na Sala de Exposicións Amalia Domínguez Bua do 20 de novembro ao 6 de decembro.


Levo toda a vida sachando en ti

terra,
e deste atafego
non canso.

Como non amar a túa ollada de lama húmida
como non amar as túas mans de granito canso,
esmolecido.

Muller de escuma,
di:
cara onde miran os teus ollos.

Volverei coa noitiña
para procurarmos xuntos máis terra.


FRANCISCO CASTRO



23/11/09

FALAMOS DE LIBROS

REBELDES de Susan E.Hinton


Comenta o libro Daniel Piñeiro, alumno de 3º ESO

video



Este libro gustoume moito índa que o final foi un pouco duro. É moi entretido, lese bastante rápido porque te engancha moito. Con este libro ves como viven os " greasers" e comprendes a súa situacion.
Miriam Ferradás González 21/12/09

Que me queres ,amor?


Que me queres amor é un libro moi divertido e moi sonxelo de ler ao seren historias diferentes. Gustoume moito.

Raquel Álvarez Martínez.
(23/11/09)

Os nenos numerados




Este libro gustoume moito polo argumemento que conta. Trata dun neno que entra nun reformatorio por roubar un simple par de botas. Ali dentro ten que convivir con máis nenos e aprender a levarse ben cos máis veteranos.

Raquel Costa Ogando 3ºA Data (27-11-09)

22/11/09

VOLVEN OS MEGATOXOS




O luns 23, estará con nós un ano máis Anxo Fariña, para presentar aos alumn@s de 1º da ESO o 3º libro dos megatoxos.
Benvido!

19/11/09

CENTRO VIRTUAL PARA A LECTURA

O Ministerio de educación presentou o centro virtual http://www.leer.es/

Foi feito en colaboración coas Comunidades Autónomas do Estado, a RAE e o Instituto Cervantes.
Non será un espazo só para moz@s, nen@s, senón tamén para as familias e os docentes, onde se atoparan todo tipo de textos( textuais, icónicos, multimedia), e as propias creacións da comunidade educativa.





5/11/09

Flanagan deluxe






O libro gustoume moito xa que é un libro que engancha. A parte que máis me gustou foi o final porque é un final sorprendente. O que menos me gustou foi o principio xa que se facía un pouco aburrido.
Alejandro Dios Dominguez( 5/11/09)

28/10/09

Eu e os meus colegas




Eu e os meus colegas
pareceume un libro moi interesante, que reflecte como é a vida adolescente na vida real.
Ángel Estévez Pastoriza 4º ( 28 de outubro de 2009)

22/10/09

A chamada da selva




A min esta novela encantoume.Gustoume moito porque expresa unha gran sensación de liberdade e tamén porque me parece moi emocionante unha historia deste tipo, na que o can ten que pasar por un dos ecosistemas máis extremos do mundo, Alaska, para conseguir atopar a súa verdadeira personalidade.


Jorge Bernárdez Martínez 4º( OUTUBRO 2009)

As mans de medo



As man do medo é un libro bastante interesante no que se contan sete historias de medo. O malo é que algunhas das historias son difíciles de entender e outras son moi longas e por iso faise algo aburrido ó chegar á metade do libro.


Celestino Durán Pouseu 4º
ESO ( OUTUBRO 2009)

O libro comeza sendo interesante, pero a medida que avanza, a multitude de historias dificultan a súa lectura.

Miriam Seijas 4º (DATA 24/11/09)


14/10/09

Comezamos coa hora de ler















Prezados pais e nais:

Como saberedes o Plan Lector do IES Illa de Ons encontra entre as súas prioridades non só que o alumnado adquira unha axeitada competencia lingüística (isto é: que saiban ler correctamente), senón tamén unha motivación e un gusto polo feito de ler. Neste sentido tomouse o acordo de dedicar algún tempo en todas as materias a unha actividade diaria de lectura individual. Esta actividade comezará a partir do día 19 de outubro e para a súa realización empregarase todo tipo de textos, de xeito que poda haber alumnas e alumnos que opten por ler unha novela, unha revista (cun contido axeitado), un xornal, etc.

Os alumnos e alumnas poderán empregar libros, xornais e revistas da biblioteca do IES ou ben traeren as súas propias lecturas da casa, sempre baixo a supervisión indicada.

Con esta carta pretendemos comunicarvos o noso interese polo éxito desta actividade, para o cal é importante a vosa colaboración facilitando aqueles materiais de lectura que resulten interesantes.

O Claustro de profesores do IES Illa de Ons.

Bueu, outubro 2009


MOCHILAS VIAXEIRAS


PREZADOS PAIS E NAIS:
"Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura".
Esta semana poñeremos en marcha a actividade das Mochilas Viaxeiras. A mochila viaxeira permitirá levar libros á casa para compartilos coa familia:un conto ,un libro de poemas , as imaxes dun álbum , esa música que nos conmove, unha película, un libro que complementa o tema que andamos a traballar no I.E.S
A súa finalidade:
A mochila viaxeira está pensada para que, desde a biblioteca escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura. A mochila é o soporte que permitirá aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola no seu labor común para a formación dos lectores .

Trátase dunhas mochilas nas que recibiredes unha selección de lecturas e música feitas polo equipo de biblioteca e da que poderedes disfrutar en préstamo durante 15 días.
Son en total 4 mochilas, unha para cada nivel.
O noso obxectivo é compartir con vós o gusto pola lectura, presentándovos algúns títulos que esperamos vos agraden.
A mochila que recibiredes conterá tamén no peto dianteiro unha ficha coa lista dos libros prestados e as datas de entrega. Haberá un pequeno caderno onde poderedes anotar algún comentario sobre esta experiencia: se vos gustaron os libros, se vos parecen suficientes, se houbo algún que vos gustou en particular e por que, se a actividade é interesante, e todo aquilo que pensedes que se pode mellorar.

Saúdos
Equipo de biblioteca

30/5/09

GALEGO E COMUNICACIÓN CIENTÍFICA

Científicos galegos no exterior fan público un manifesto en defensa da lingua

MANIFESTO PUBLICADO EN VIEIROS

Nove destacados investigadores, vencellados ao Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN), dan un paso adiante para rebater prexuízos lingüísticos.

Somos un conxunto de físicos e enxeñeiros galegos vencellados ao Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN) en Xenebra, a día de hoxe uns dos laboratorios científicos máis importantes do mundo. Desde a distancia, levamos meses asistindo ao debate que se está a xerar sobre a posición que debe ocupar a lingua galega no noso sistema educativo. Esta cuestión está a provocar unha confrontación continua de posturas e opinións que se estende a distintos ámbitos da nosa sociedade. Se ben consideramos este debate lexítimo tamén coidamos que as posturas deben ser mantidas e defendidas desde a máis absoluta rigorosidade, a mesma pola que nós estamos rexidos nas nosas actividades científicas. E vémonos na obriga de intervir cando determinados argumentos que non seguen esta máxima aparecen por parte de persoas cunha opinión que non se restrinxe ao ámbito privado.


En declaracións ao “Faro de Vigo”, o voceiro da “Confederación das Asociacións de Pais de Alumnos de Colexios Concertados” (Congapa), José Ramón Hermida, dicía: “Utilicemos el sentido común. Químicas o Físicas, con tantas nomenclaturas internacionales, no se pueden dar en gallego. No podemos retroceder”. Ben, for desde a ignorancia, for intencionadamente, declaracións deste tipo resultan totalmente inadmisíbeis. E dicimos isto con coñecemento de causa, pois no noso ámbito de traballo estamos acostumados a ter conversas de alto nivel científico de temas moi diversos en galego. Nun entorno no que temos a sorte de traballar con algúns dos mellores físicos e enxeñeiros do mundo, o galego está, modestamente a través de nós, presente como vehículo de comunicación científica. E para isto é un idioma exactamente igual de válido que o francés, o alemán ou, desde logo, o castelán. Ben é certo que o galego non é empregado para as comunicacións nin publicacións científicas a grande escala, pero é necesario que se saiba que tampouco o é o castelán. A lingua franca da ciencia desde hai moitos anos é o inglés, e desde logo se algunha lle discutíu no pasado tal condición esa non foi o castelán.

O noso obxectivo con esta carta é simplemente evitar que se empreguen argumentos falsos (ou falseados) na discusión dun tema tan delicado e importante coma este. E tamén reivindicar o galego como lingua que nos identifica sen excluírnos estando como estamos lonxe da casa.

No CERN en Xenebra, a 26 de Maio de 2009,


Xabier Cid Vidal, Licenciado en Física e estudante de Doutoramento - USC, experimento LHCb.
Patricia Conde Muíño, Doutora en Física de Partículas, Investigadora do LIP (Laboratório de Física e Instrumentação de Física de Partículas) - Lisboa (Portugal), experimento Atlas.
Daniel Esperante Pereira, Enxeñeiro de Telecomunicacións e estudante de Doutoramento na USC, experimento LHCb.
Teresa Fonseca Martín, Doutora en Física de Partículas, investigadora asociada da Royal Holloway University - Londres (Reino Unido), experimento Atlas.
Abraham Gallas Torreira, Doutor en Física de Partículas, investigador Ramón y Cajal na USC, experimento LHCb.
Manuel Gallas Torreira, Doutor en Física de Partículas, antigo staff do CERN no departamento de Física Experimental.
Marcos Mariño Beiras, Doutor en Física de Partículas, Catedratico de Física Matemática na Universidade de Xenebra (Suíza).
Diego Martínez Santos, Licenciado en Física e estudante de Doutoramento - USC, experimento LHCb.
Cibrán Santamarina Ríos, Doutor en Física de Partículas, investigador asociado na McGill University - Montreal (Canadá), experimento Atlas.

23/4/09

Visita de Anxo Fariña




Non hai mellor ocasión para conmemorar o día do libro, que traer a un escritor-ilustrador coma Anxo Fariña, para falarnos dos seus proxectos, ideas, e forma de traballar.

GRAZAS,ANXO.

6/4/09

Escalada en Donón



O xoves 2 de abril, o profesor de Educación Física Toño levou os alumnos/as de 4º da ESO a facer escalada en Donón contando coa valiosa axuda de Susana.

Aproveitamos para visitar as escavacións do castro do Facho.
Tivemos a compañía dos lagartos arnais e dun grupo de arroaces que se achegaron a costa.


video




video

4/3/09

CONTACONTOS

O venres 27 de febreiro 5 rapaces e rapazas do IES illa de Ons que forman parte do taller de oralidade, estiveron no CEIP a Pedra de Bueu,onde lle contaron os nenos/as de 1º de primaria catro contos.
" A TOUPIÑA ", contado polas rapazas de 4º da ESO, Yolanda e Seila.
" GAROTO EN BUSCA DUNHA ESTRELA" que o contaron Iria e María de 2º da ESO.
" AMORA" e " GÚSTAME O CHOCOLATE" que o contou Miguel Ángel de 2º da ESO.
Desde aquí dámoslle as grazas ,pola súa actitude e traballo desinteresado a prol da lectura, e desexamos que continúen facendo actividades tan gratificantes e interesantes en torno ós libros.


11/2/09

Fotos saída ao teatro de Francés






Ola a tod@s aquí tedes unha mostra da nosa saída do 26 de xaneiro de 2009 ao teatro ver LA CRÈME DE LA CRÈME. Cos alumnos de primeiro, segundo e cuarto da ESO.

4/2/09

LIBROS DE LECTURA EN FRANCÉS

Libros que estamos a ler en Lingua Francesa:
Para 1º da ESO " CONCERT EN BRTAGNE
Para 2º da ESO "AU SECOURS!"
Para 4º da ESO " LE COEUR ENTRE LES DENTS"

26/1/09





2009, ANO INTERNACIONAL DA APRENDIZAXE DOS DEREITOS HUMANOS

(NACIÓNS UNIDAS)

Asamblea General. Resolución AG-60 Aniversario
Comunicado da Alta Comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, Navi Pillay, con ocasión do 60° Aniversario da Declaración Universal de Dereitos Humanos.
OACDH|09 Dic 2008

XENEBRA -- O 10 de decembro celébrase o do 60° Aniversario da Declaración Universal de Dereitos Humanos, un breve e único documento de 30 artigos que probablemente tivo un maior efecto na humanidade que calquera outro documento na historia moderna.

Inmediatamente despois do fin da Segunda Guerra Mundial, os políticos, diplomáticos, xornalistas, activistas, pensadores mundiais e, sobre todo, a poboación xeral, desexaban previr que unha guerra tal volvese suceder, o que significaba atacar, tanto as súas causas, como as súas consecuencias. Puxeron o seu empeño en asegurarse de que nunca máis houbese outro Holocausto, e que todas as persoas, especialmente as pobres, as famentas, as desprazadas e as marginalizadas, tivesen no futuro estruturas para apoialas e marcos legais internacionais para protexelas.

Moitos dos tratados legais e das institucións internacionais máis admirables do mundo, incluíndo ás Nacións Unidas, remítense a este periodo fértil de fins dos anos 40, pero a Declaración Universal ten nel un lugar verdaderamente especial.

Por primeira vez, recoñeceuse a todos os dereitos humanos, civís, culturais, económicos, políticos e sociais como pertencentes en forma inherente a todas as persoas, e non como dons conferidos magnánimamente, ou negados, dependendo do designio, a sorte ou o capricho dos réximes gobernantes.

O seu enfoque visionario, aínda que tamén completamente fundamental, está mellor ilustrado nas súas propias palabras: "Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos” “Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa” “Todos son iguais ante a lei". Despois presenta unha lista de dereitos específicos, que van do dereito a non ser torturado, esclavizado, ou detido arbitrariamente, pasando polo dereito á liberdade de opinión, de expresión e de relixión, e incluíndo unha serie de dereitos sociais, económicos e culturais clave, tales como o dereito á educación, o dereito á saúde e o dereito a igual salario por traballo igual.

Todas as persoas, enuncia a Declaración, teñen estes dereitos "sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole".

Hoxe en día, os principios establecidos na Declaración vense reflectidos nas Constitucións e leis de máis de 90 países. Mecanismos internacionais, rexionais e nacionais específicos, incluíndo á Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos e o Consello de Dereitos Humanos, cos seus expertos independentes, foron establecidos para monitorear, promover, protexer e continuar desenvolvendo os dereitos humanos.

En todo o mundo, un número crecente de xornalistas, organizacións non gobernamentais e outros entes da sociedade civil, exercen maior e máis efectiva vixilancia sobre a adopción dos dereitos humanos, por parte dos seus gobernos. A chegada do Internet implica que aqueles que queiran abusar dos seus cidadáns a portas pechadas, atópanse con que lles é moito máis difícil facelo, e aqueles que desexan expoñer devanditos abusos, poden facelo con maior facilidade.

Con todo, para moitas persoas, a Declaración Universal segue sendo unha promesa incumplida, xa que o desexo político dos estados de cumprir coas súas obrigacións mantense lamentablemente detrás das súas promesas.

Existe o risco específico de que, conforme se desenvolve a crise financeira actual, os individuos e as comunidades máis pobres e máis marginalizadas do mundo, poderían enfrontar unha situación aínda máis grave que a que viven actualmente. A pobreza é tanto causa como resultado de violacións aos dereitos humanos, e teremos que ser extremadamente vixiantes durante os próximos meses para asegurar que programas de desenvolvemento e redes de seguridade social mantéñanse ou melloren, para que os efectos da crise non resulten desastrosos.

Malia todos os temores e as incertezas actuais, séntome estimulada pola gran atención que a celebración de todo un ano do 60° Aniversario, xerou sobre o tema dos dereitos humanos. En todo o mundo, organizacións voluntarias, institucións, docentes, estudantes, juristas, personalidades políticas e os medios de comunicación hanse enfocado na Declaración Universal e na continuidade da súa relevancia no mundo actual. Con todo, non podemos deternos aquí. Aínda estamos, a 60 anos, moi lonxe de alcanzar os obxectivos suscitados na Declaración Universal. Ningún país do mundo pode deterse e dicir "lográmolo".

Dez millóns de persoas no mundo aínda non saben que teñen dereitos que poden esixir, e que os seus gobernos son responsables ante eles e ante un amplo conxunto de leis nacionais e internacionais. Malia todos os nosos esforzos nos últimos 60 anos, este aniversario pasará desapercibido para moitas persoas, e é esencial que manteñamos este impulso, facilitando así que máis e máis persoas levántense e esixan os seus dereitos.

Por esta razón, compráceme que o ano que entra sexa designado Ano Internacional de Aprendizaxe de Dereitos Humanos, e quixese alentar a ministerios, institucións, docentes, pais e outras persoas con responsabilidade en todo o planeta, a aproveitar esta oportunidade para asegurar que a próxima xeración teña maior oportunidade de esixir o que lle foi prometido nese documento extraordinario coñecido como a Declaración Universal de Dereitos Humanos.