Foto biblioteca

Foto biblioteca

29/10/10

TIM BOWLEY E CHARO PITA NO ILLA DE ONS!!!


O 22 de novembro virán ao noso centro os contadores de historias, Tim Bowley, grande narrador británico con máis de 20 anos de experiencia que ten percorrido Europa e América enfeitizando ao público coas súas historias, e Charo Pita, narradora galega que leva contando desde hai 16 anos por toda a península.
Tráennos contos de tradición oral de varias culturas do mundo: as lendas do rei Artur,historias celtas, relatos dos indios americanos... creando unha nube de maxia e comedia.
@s alumn@s de 2º, 3º e 4º da ESO farán unha viaxe en compaña destes dous narradores de historias.
Actividade feita conxuntamente entre o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca e os departamentos de Galego e Música .

A TROPA DE TRAPO PRESENTA...


"A HORA AZUL"

O día 15 de novembro,pasaremolo moi ben coa tropa de trapo e a súa representación da hora azul.
Virán a facer disfrutar aos alumn@s de 1º da ESO.
Actividade feita conxuntamente entre o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca e os departamentos de Galego e Música .