Foto biblioteca

Foto biblioteca

28/11/10

CULTURGAL



















O culturgal pechou este domingo as súas portas en Pontevedra, a idea é a da continuidade nos anos vindeiros. “Despois do éxito desta edición, ninguén pode dubidar que haberá Culturgal 2011”, asegurou Xulio Amigo, presidente da Asociación Culturgal. Os representantes de Asociación Galega de Editores (AGE), a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), a Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono), a asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e o propio Xulio Amigo salientaron a importancia do éxito desta edición, a primeira organizada directamente pola industria, para o asentamento definitivo da feira.

http://www.culturgal.com/

23/11/10

CONTACONTOS . CHARO PITA E TIM BOWLEY

O luns 22 tivemos no centro unha sesión de contacontos moi interesante.

18/11/10

Tropa de trapo

O luns 15 de novembro viñeron ao colexio uns contacontos chamados Tropa de Trapo . Ao principio pensaba que non me ian gustar pero a verdade e que estivo moi ven. Contaronos gran variedade de contos. Despois Brais un dos contacontos ensinounos os instrumentos que trouxera:
Trouxo unha guitarra portuguesa , que tiña unha forma moi peculiar, unha especie de timbal de metal e plástico, pero atiguamente eran de ferro e pel de cabra.
Ao final fixemos un obradoiro no que estivemos xogando a unha gran variedade de xogos, paseino
moi ben.

Alba Lobeira Soage 1º A.

16/11/10

Contacontos TROPA de TRAPO

Este luns tivemos contacontos,unha actividade moi divertida.Contáronnos tres contos,dous de eles con música en directo.A min os contos que máis me gustaron foron o de Leila e o de Ramón.O de Leila,pola súa valentía e o valor que tivo ao ir buscar a Salim á guerra.O de Ramón,porque rímos muito con el,polas cousas que se imaxinaba das historias que lle contaba o seu pai,a súa cámara de fotos,a cantidade de fotos que lle sacaba a Sabela,etc.
Gustaríame que se volvese repetir¡
María Tenorio Solla 1ºB

9/11/10

8/11/10

TRABALLANDO A ORALIDADE...















O venres día 5, dúas alumnas do noso instituto, IRIA PIEDRAS e PATRICIA COMEDEIRO foron ao centro de infantil do CEIP "A PEDRA" a contarlles aos neno@s de 5 anos 3 contos.
O 1º libro que contaron foi : QUE TAL, VEXETAL?

O SEGUINTE CONTO FOI Rato Tom e Rata Tomasa

Un día rata Tomasa mandoulle a Tom unha invitación.

Invitote a biscoito hoxe as oito.


E o último conto que lle contaron foi a
Colección de Galletas
.
Galletas da avoa, linguas de gato,
galletas de can, bicos de Lulú...

29/10/10

TIM BOWLEY E CHARO PITA NO ILLA DE ONS!!!


O 22 de novembro virán ao noso centro os contadores de historias, Tim Bowley, grande narrador británico con máis de 20 anos de experiencia que ten percorrido Europa e América enfeitizando ao público coas súas historias, e Charo Pita, narradora galega que leva contando desde hai 16 anos por toda a península.
Tráennos contos de tradición oral de varias culturas do mundo: as lendas do rei Artur,historias celtas, relatos dos indios americanos... creando unha nube de maxia e comedia.
@s alumn@s de 2º, 3º e 4º da ESO farán unha viaxe en compaña destes dous narradores de historias.
Actividade feita conxuntamente entre o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca e os departamentos de Galego e Música .

A TROPA DE TRAPO PRESENTA...


"A HORA AZUL"

O día 15 de novembro,pasaremolo moi ben coa tropa de trapo e a súa representación da hora azul.
Virán a facer disfrutar aos alumn@s de 1º da ESO.
Actividade feita conxuntamente entre o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca e os departamentos de Galego e Música .

11/6/10

Moonkid e Liberty


Moonkid e Liberty

Creo que é unha historia divertida con partes moi graciosas e cuns personaxes moi curiosos.

Iria Piedras Gómez 3ºB

O mecanoescrito da segunda orixe


O mecanoescrito da segunda orixe

Sen dúbida ningunha é un dos mellores libros que lin.

A historia é interesante, os personaxes fanse querer ao longo
da histora e ao final deixa a imaxinación voar.



Iria Piedras Gómez 3ºB

Chamabase Luís


Chamabase Luís

Gustoume porque conta unha historia da que todos sabemos pero dunha maneira diferente, dende outro punto de vista.
Grazas a este libro puiden comprender o inferno no que viven as persoas que conviven con drogadictos.

Iria Piedras Gómez 3ºB

2/6/10

O centro do laberinto


Título: O centro do laberinto
Autor: Agustín Fernandez Paz
Editorial: Xerais- Fora de Xogo

Este libro gustoume porque fala dun futuro que se pode cumprir por culpa da globalización. Faise un pouco pesado cando fala a nai, pero é bastante interesante.

Celestino Durán Pouseu 4º nº5

1/6/10

Titulo:Pasa-lo limite

Autor:Xavier Alfaya

Este libro gustoume porque fala de cousas que poden sucederlle a calquera.E ainda por riba é curto

Víctor Agulla Lemos 3ºA
Tiyulo:Acio sanguento

Autor:Carlos Freire Cordeiro

Este libro é un pouco regular.O bo é que é curto.O malo é que o argumento non atrae demasiado

Víctor Agulla Lemos 3ºa

25/5/10

Conta Saldada

Titulo:Conta Saldada
Autor:Suso de toro
Editorial:Alfaguara

Gústoume xa que conta unha historia nun espazo próximo e real.Tamén é un libro interesante e intrigante.

Pablo Díaz Meijide 4º Nº3

21/5/10

Aire Negro

Titulo: Aire Negro
Autor: Agustín Fernandez Paz
Editorial: Xerais

É un dos mellores libros que lin. Atrápate dende o primeiro momento e deixate cun final dubidoso para quen sepa entendelo.

Irene Cabanelas Meira 3ºA Nº2

20/5/10

Os comedores de patacas


Título: Os comedores de patacas
Autor: Manuel Rivas
Editorial: Xerais

Este libro é moi interesante e recoméndoo porque aínda que o título dea a entender outra cousa, este libro trata sobre un rapaz adicto as drogas, que o levan a casa da avoa para que se desenganche.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

Balea morta ou lancha a pique!


Título: Balea morta ou lancha a pique!
Autor: Jaureguizar
Editorial: Xerais- Fora de Xogo

Esta novela é a continuación de A rutina corsaria e segue no mesmo estilo. Gustoume moito pero pasa o mesmo que na outra novela

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

A rutina corsaria


Título: A rutina corsaria
Autor: Jaureguizar
Editorial: Xerais- Fora de Xogo

Esta novela conta a historia dun home obsesionado cos piratas. É moi interesante, pero se intentas buscarlle a lóxica ás aventuras que ten, non darás acabado o libro.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

Eu e os meus colegas



Título: Eu e os meus colegas
Autor:Aidan Macfarlane e Ann McPherson
Editorial: Xerais- Fora de Xogo

É un libro que trata temas bastante importantes como o alcohol, o sexo, a sida, as drogas, etc. Está bastante ben pero é extraño que conte a mesma historia con cinco personaxes diferentes.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

12/5/10

O que é a vida


Título: O que é a vida
Autor: M. Lourenzo González
Editorial: Xerais- Fora de Xogo

Este libro encantoume porque conta dúas historias moi interesantes que ocorren paralelamente, e que se cruzan no final.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

A conta saldada



Título: A conta saldada
Autor: Suso de Toro
Editorial: Alfaguara

É un bo libro, aínda que custa un pouco seguir a trama ao comezo. É fácil de ler e lese moi rápido.

Celestio Durán Pouseu 4º Nº5

FESTIVAL DE TÍTERES DE REDONDELA

COUSA BONITA, PARA VISITAR, GOZAR, VIVIR, SENTIR COMPARTIR E RIR COA FAMILIA OU AMIG@S.
PARA MÁIS INFORMACIÓN http://www.festivaltiteresredondela.com/ruas.htm

Do 19 ao 23 de maio de 2010


RELACIÓN COMPAÑÍAS PARTICIPANTES

* CONTADORES DE ÉSTORIAS (Brasil)
* GIROVAGO E RONDELLA (Italia)
* EL RETRETE DE DORIAN GRAY (Galicia-Cataluña)
* TAAAT (Cataluña)
* PELELE MARIONNETTES (Francia)
* LA BALDUFA (Cataluña)
* RODORÍN (Madrid)
* VALERIA GUGLIETTI (Arxentina)
* COMPAGNIE JATOBA (Brasil)
* TOMBS CREATIUS (Cataluña)
* MARIONETAS EN LIBERTAD (Francia)
* PLANSJET POPPENTHEATER (Bélxica)
* THE TURRE’S BAND (Galicia)
* BONECA LARETA (Galicia)
* OS CROQUETAS (Galicia)
* C’E ORQUESTRA PANTASMA (Galicia)

11/5/10

17 de Maio.Recitando Poemas

Feito polo equipo de Normalización Lingüística do CEIP Quintela de Moaña.

29/4/10

Tres pasos polo misterio


Título: Tres pasos polo misterio
Autor: Agustín Fernández Paz
Editorial: Xerais

Este libro conta tres historias de medo, que en realidade non dan medo. Faise custoso de ler poque hai momentos nas que as historias fanse bastantes pesadas. Tamén se fai difícil recordar todos os detalles das tres historias.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

A recortada


Título: A recortada
Autor:An Alfaya
Editorial: Xerais

É un libro bastante raro porque ao protagonista non lle deixan de pasar cousas malas, unha detrás da outra. Cando consegue superar un obtáculo, aparecelle outro aínda peor.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

Cartas de inverno


Título:Cartas de inverno
Autor:Agustín Fernandez Paz
Editorial:Xerais- Fora de Xogo

É un libro de misterio, bastante bo, que promete unha lectura interesante. Gustoume porque a trama do libro facía que quedase con ganas de ler.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

Noitebra


Título: Noitebra
Autor: Xavier Lopez Rodríguez
Editorial: Xerais- Fora de Xogo

É un libro bastante curto e fácil de ler. Recoméndollo se queredes ler un libro rápido e fácil de entender.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

24/4/10

Contacontos no CEIP A PEDRA





O venres 23 de abril 5 alumn@s do IES "Illa de Ons" estiveron cos nenos e nenas de infantil contandolles 3 contos aos máis cativos.


O primeiro libro que lle contaron foi Tío lobo.


O segundo libro foi a Bruxa Regañadentes
e o terceiro libro foi Gústame o Chocolate

14/4/10

As cousas claras


Título: As cousas claras
Autor: Xosé A. Neira Cruz
Editorial: Xerais- Fora de Xogo

Este libro esta moi ben e lese bastante rápido. Parece difícil de ler ao principio.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

O vioín de Auschwitz


Título: O violín de Auschwitz Autor: Mª Angels Anglada Editorial: Xerais- Fora de Xogo

Este libro encantoume porque relata a historia dos xudeus durante o réxime nazi, e porque o final é inesperado.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

Acio Sanguento


Título: Acio Sanguento Autor: Carlos Freire Cordeiro Editorial: Xerais- Fora de Xogo

Este libro é bo e gustoume bastante, pero ,a menos que teñades unha boa capacidade lectora, eu non o recomendo.
Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

23/3/10

Noitebra

Noitebra

Libro fácil de ler pero cunha historia surrealista e aburrida.
Luis Martínez 4º 23/03/2010

A NOITE QUE WENDY APRENDEU A VOAR

A noite que wendy aprendeu a voar-Andreu Martín

Interesante. Todo isto porque non deixan de suceder cousas en toda a trama.
Luis Martinez 23/03/2010

¿SOBREVIVES?

¿SOBREVIVES?

FOI UN LIBRO QUE ME GUSTOU POLAS HISTORIAS QUE O RAPAZ VIVE E PARECEME INTERESANTE COMO CAMBIA.



ZAIRA RODRIGUEZ CERVIÑO 4A

XOEL

XOEL ISABEL -CLARA SIMÓ

GUSTAME POLA HISTORIA QUE VIVE A RAPAZ PERO E UN POUCO ABURRIDO


ZAIRA RODRIGUEZ CERVIÑO 4A

LEONEL

LEONEL ANTON CORTIZAS

NON ME GUSTOU DEMASIADO PORQUE SON UN POUCO ABURRIDOS AS HISTORIAS QUE VAN DESCRUBINDO E NON SUCEDEN MOITAS COUSAS INTERESANTES PARA O MEU GUSTO


ZAIRA ROGRIGUEZ CERVIÑO 4A

¿ QUE TE ANGUSTIA NURIA ?

¿ QUE TE ANGUSTIA NURIA¿ GLORIA LLÓBET


E UN LIBRO CORTO PERO QUE ME GUSTOU MOITO PORQUE PARECEM EUNHA HISTORIA MOI REALISTA E INTERESANTE SOBRE TEMAS FAMILIARES.




ZAIRA RODRIGUEZ CERVIÑO 4 A

Eu e os meus colegas.

O libro de "Eu e os meus colegas" gustoume moito porque ensínache que na vida hai que estudar e non consumir drogas.

Raúl Vidal Juncal nº24 3ºA (23/03/2010)

Rebeldes

O libro de "rebeldes" gustoume moito porque ensínache qu ena vida hai que axudar a xente e facer sempre o correcto.

Raúl Vidal Juncal nº24 3ºA (23/03/2010)

22/3/10

Flanagan Flash-Back


Título: Flanagan Flash- Back
Autor: Andreu Martín- Jaume Ribera
Editorial:Xerais- Fora de Xogo

Esta novela encantoume porque o seu final é inesperado e porque dende o principio consegue engancharte a ler.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº 5

Ollos de auga


Título: Ollos de auga
Autor: Domingo Villar
Editorial:Galaxia

Este libro gustoume. Faise interesante porque o morto desta historia é de Bueu, e foi por iso polo que o lín.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº 5

18/3/10

O Gran Meaulnes

O Gran Meaulnes Alain-Fournier

Este é un libro que me gustou especialmente.
A quen lle gusten as historias de amor recomendo que o lea.

Soidades de ana

Este libro é un dos que máis me gustou, pois conta a historia dunha rapaza que fai todo o posible para saber a verdade da morte da súa irmá.
Autor: Jordi Sierra i Fabra
Alba Friña Torres 18/03/2010

Rebeldes

Este libro gustoume moito e pareceume moi bonito. impresionoume as rivalidades entre ambas as bandas e a maneira en qe morreron os amigos de Jony.

Autor: Susan E. Hilton
Raquel Costa Ogand0 18/03/2010

Eu tampouco me chamo Flanagan


Título: Eu tampouco me chamo Flanagan
Autor: Andreu Martín- Jaume Ribera
Editorial: Xerais- Fora de Xogo

Este libro encantoume porque a historia dá tantas voltas que, ó final, xa non sabes como vai ser o final.
Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

Flanagan Blues Band


Título: Flanagan Blues Band
Autor: Andreu Martín- Jaume ribera
Editorial: Xerais- Fora de Xogo

Este libro encantoume porque sege coa mesma trama dos demais libros de Flanagan, polo tanto, engancheime a ler e nunha tarde xa o acabara.
Recomendo a todos que leades este libro porque se le rápido e porque sei que se comezades a ler, non poderedes parar.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

17/3/10

Noite de voraces sombras


Noite de voraces sombras, Agustín Fernández Paz

Gustoume moito. Pareceume un libro moi triste e fácil de leer. A historia que conta é moi fermosa e a forma de espresarse do autor é moi clara polo cal é un libro fácil de entender.

Iria Piedras Gómez 3ºB 17/03/10

A noite que Wendy aprendeu a voar




É un libro moi interesante, divertido e máis intrígate polo cal é doado deler.Animo a xente a lelo.

Edicion: XERAIS

Pablo Díaz Meijide 4º

15/3/10

Alfagann é Flanagan


Título: Alfagann é Flanagan
Autor: Andreu Martín- Jaume Ribera
Editorial: Xerais- Fora de Xogo

En xeral, todas as novelas de Flanagan son boísimas, pero esta en especial, é a que máis me gustou.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

Flanagan de luxe


título: Flanagan de luxe
autor: Andreu Martín- Jaume Ribera
Editorial: Xerais- Fora de Xogo

Este libro encantoume e recoméndollo a todos porque a novela é tan boa que te engancha nada máis comenzar a ler.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

Raquel


titulo:Raquel
editorial: Xerais
autor:Isabel- Clara Simó
Gustoume o diario de Raquel. gustariame que o irmán de Raquel gañara o dieñeiro do concurso. Pero a novela en teoria gustoume.

Rocio Nogueira Leal 4º Nº11

que che angustia Nuria?

titulo: Que che angustia Nuria?
Autor: Gloria Llobet
Editorial: Xerais
Gustoume bastante e lino rápido, me netreteñen bastante as novelas que van da vida cotiá dos perxonaxes. gustariame qu seguira a novela.

Rocio Nogueira Leal 4º Nº11

12/3/10

Flanagan 007


Título: Flanagan 007
Autor: Andreu Martín e Jaume Ribera
Editorial: Xerais -Fora de Xogo

Este libro é boísimo e recoméndollo a todo a mundo.
A trama é tan boa e está tan ben montada que fai que quedes sempre con ganas de seguir lendo.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

A noite que Wendy aprendeu a voar


Título: A noite que Wendy aprendeu a voar
Autor: Andreu martín
Editorial: Xerais -Fora de Xogo

Este libro é moi bo e recomendo que o leades porque ó longo da novela non para de contar cousas interesantes que fan que non te canses del e consege engancharte dende o principio.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

10/3/10

Morgún


Autor: Suso de Toro
Título: Morgún
Editorial: Xerais- Fóra de xogo

Este libro é moi interesante pero non o recomendo.
Faise moi difícil de de ler porque dá moitas voltas e a linguaxe é algo complexa.

Celestino Durán Pouseu. 4º Nº 5 (10/3/2010)

9/3/10

Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca




Autor: Xosé Miranda

Editorial: Xerais
Este libro foi para min unha ilusión, un soño. Xosé Miranda, o autor foi quen de transaladarme a un mundo de maxia e de fantasía.
Recoméndovolo, viviredes grandes aventuras con Amancio, Susana A man negra, Faustino Prósper e moitos máis...
Montando no tres da maxia, xamais saberemos onde poderemos chegar...

Aida Carballo Fazanes (09/03/10)

23/2/10

ORGULLOS@S DO NOSO, ORGULLOS@S DO GALEGO.

Todos podemos axudar, estando orgullos@s do noso,do galego.