Foto biblioteca

Foto biblioteca

12/12/11

CONCURSO RELATOS CIENCIA FICCIÓN

Os premiados foron

1º Premio: María Tenorio Solla
2º Premio: Alexandra Iglesias
3º Premio:Lucía Martínez

A realidade dos soños.

Principio a escribir isto nun venres escuro un dos días mais tristes da miña vida, a falta de cousa mellor que facer. Hoxe é o dia dezanove do mes de Nadal de 2077. Todo comezou así: A mañá non fun á clase xa que tiña unha forte dor e barriga. Quedeime na cama mentres miña nai non voltaba do traballo. Durmín ata ás doce, pasáronseme moitas cousas nesas horas de sono. Todo estaba escuro. Era estraño, xa que xa eran as catro da tarde. Saía pola porta cara á casa da miña tía e ao abrir a porta atopei un periódico, dicía que nunhas horas o mundo desaparecería, tan só sobrevivirían catro persoas; seríamos pisados por persoas con forma de árbores de Nadal que medirían máis do triplo ca nós. E así foi.
Eu aínda estaba lendo ese xornal, cando levantei a vista, e fronte a min estaba aquela árbore de Nada, con un millón de bólas vermellas e douradas. Quixen entrar para a casa, pero a porta fechárase soa, cousa que nunca antes pasara; non tiña escapatoria, era xa demasiado tarde para fuxir correndo. Tiña a eses seres xigantescos a medio metro de min, o cal non eran nin centímetros,xa que os seus pes eran moi longos. Pensei que me pisaría como aquela portada do xornal dicía, pero non foi así era coma e non me vise, sería un deses catro superviventes?
Neste intre soou o timbre, o carteiro cortárame o sono no momento máis interesante. Logo chegou miña nai, levoume ao médico, xa que a miña febre xa era moi elevada e non era normal. Fomos no aerocoche da miña nai para chegar máis pronto. Alí atendéronnos de súpeto. Non podía ser,os médicos transformáranse nas árbore de Nadal do meu sono, só que en tamaño reducido. Miña nai colleume da man e intentou fuxir correndo da consulta canto antes, pero a porta estaba pechada!Eu era transparente para eles, atravesáronme igual ca no meu sono, pero miña nai non era unha de sas catro persoas superviventes; collérona, puxérona na padiola, despregaron as súas ás, e saíron voando de alí con ela.. Dende entón levo días buscándoa, pero non hai rastro dela.
Eses seres xigantes destruíron o mundo en menos de carto días. Durante eses catro días que estaba en liberdade non parei de buscala ata debaixo das pedras; e digo liberdade porque ao quinto día metéronos a todos nunha gaiola xigante, só éramos catro, como o xornal indicou, eran todos auténticos descoñecidos para min; un era da China, de África, e outro parecía alemán. Non falábamos, xa que non nos poderíamos entender.
Eu choraba nun recuncho, non atoparía a miña nai xamais, non lle puidera nin dar unha aperta de despedida, nin un último adeus.
Hoxe, engaiolado sigo pensando en qué farían con ela e se algunha vez volvereina a ver.

María Tenorio Solla. 2ºB.


1/12/11

TEMOS CULTURGAL.2,3,4 DECEMBRO EN PONTEVEDRA


Culturgal é o fogar da cultura galega. Unha gran casa construída entre os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un fogar coas portas e ventás abertas sempre cara á sociedade.

PREME NA LIGAZÓN INFERIOR PARA VER AS ACTIVIDADES:

PROGRAMA CULTURGAL


9/11/11

Concurso relatos de ciencia ficción

NOVIDADE !

PARTICIPA! PARTICIPA ! CONCURSA!

A biblioteca convoca un concurso de relatos de Ciencia Ficción, a partir de tres inicios a escoller polos participantes.

.Data límite de entrega,o 28 de novembro.

.Extensión máxima un folio.

.Premios de camisetas e libros para os gañadores.

PARTICIPA!!!

16/6/11

Revista Umbrela Nº 16.Xuño 2011

Artigo do Número 16 da revista Umbrela.Xuño 2011.

O señor Drácula.

Eva Otero Pastoriza 2ºB

O señor Drácula leva vivindo en Beluso dende antes de que eu nacera.

Cando eu e os meus compañeiros voltamos á casa para comer, el sempre nos agarda sentado no banco que se encontra ao lado da copistaría. Pregúntanos que tal nos foi e moitas veces dános caramelos ou chicles. El sempre se está queixando dos dentes, di que lle doen e por iso non pode comer cousas duras. O pobre sempre anda co caxato. Vive só na súa casa, a que está á esquerda da copistería. Polas tardes case sempre está na Biblioteca lendo un libro ou o xornal. Ás veces, despois de comer tamén se ve tomando o café no Couto, o bar que está diante da floristaría, con outros señores máis.


O señor Drácula é moi bo e moi falador. Se sentas con el no banco cóntache historias sobre as súas viaxes de antes de chegar a Beluso e sobre o que lle gustou este lugar cando o viu por primeira vez.

https://sites.google.com/site/revistaumbrelanumero16/

5/5/11

Novidades na biblioteca

O xoves 4 de maio, tivo lugar na sede de FECIMO,( Federación comerciantes do Morrazo) a presentación do segundo libro de Dragal, da autora Elena Gallego Abad.
O acto contou coa presenza da autora Elena Gallego Abad, e da editora Helena Pérez de Edicións Xerais.Entre o público tamén estaba o autor das ilustracións Miguel Abad.
Temos o libro na biblioteca , para que poidades gozar da súa lectura.







Neste video podemos visualizar o proceso de creación da portada.

10/4/11

Contacontos para os máis cativos.

Tres contos: "O coelliño branco", "A casa da mosca chosca", e "Os tres bandidos"·
Foron os que lle contaron sete alumn@s do IES ILLA de ONS aos Nen@os de infantil de 5 anos do CEIP "A PEDRA".
Seica todos quedaron encantados. Volveremos ao final do 3º trimestre coa maxia dos contos para os máis cativos.

27/3/11

CONTANDO HISTORIAS AOS MÁIS CATIVOS

O venres 25 oito alumnas do "Illa de Ons", foron a contarlles contos aos nen@s de infantil do CEIP A Pedra.
O primeiro conto foi"Como está o galiñeiro" , e foi Iria de 4º B a narradora da historia.
A continuación foron Alba Lobeira,Katia Santomé e Alexandra
Iglesias as que contaron a historia da "Ratiña presumida".
Outro dos contos foi "A Toupiña", con Tania García e Mª.Tenorio coma protagonistas.E para rematar Mª.Mercedes Pretel e Angela Villanueva contaron a historia de "Xaime e as landras"

11/3/11

DECLARACIÓN DE AMOR

O AMOR chegou ao Illa de Ons en forma de carta, onde as rapazas e os rapaces expresaron a intimidade dos seus sentimentos, e de declaracións que lle dedicaron aos amores, reais ou imaxinarios.
O AMOR foi o eixo que moveu o concurso de expresión escrita máis participativo do ano. Moreas de textos orixinais e creativos, merecedores de premios, dos que só 3 persoas de cada categoría foron as gañadoras dos regalos: Aida Queimaño e Aida Carballo de 3º B e Sara Menduíña de 2º B na categoría de cartas de amor. Verónica Chapela de 1ºA, Ángela Villanueva de 1ºB e Laura Rial de 1ºA na categoría de declaracións de amor. PARABÉEENS.








8/2/11

EN 3º DA ESO ESTAMOS LENDO...




Para Wendy esta é unha noite importante, cumpre 23 anos e unha pitonisa vaticinara que sería o seu último aniversario. A noite preséntase densa: ten problemas con Roger, o seu mozo, un roubo con asasinato por descubrir e un prognóstico que romper, pero sobre todo, para Wendy, esta vai ser a noite na que comece a voar (sen ás).

1/2/11

FALAMOS DE RINOCERONTE.

Falamos de RINOCERONTE, unha editorial con sede en Cangas do Morrazo,especializada na tradución de libros doutras linguas, coma o Finés, o xaponés,etc.