Foto biblioteca

Foto biblioteca

09/12/16

Lecturas e música recomendadas

O equipo da biblioteca e de dinamización lingüística, a través da coordinadora de equipos de dinamización lingüística do Morrazo, presenta as seguintes recomendacións de lecturas e música en galego ao alumnado e as súas familias.



01/12/16

CULTURGAL 2016

Os días 2, 3 e 4 de decembro de 2016 celébrase, no Pazo da Cultura de Pontevedra, unha nova edición da Feira das Industrias Culturais CULTURGAL. Podes consultar a programación e outra información de interese na seguinte páxina: WEB CULTURGAL 2016


29/11/16

25 de Novembro

O 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero,  fomos invitados polo equipo da Biblioteca do IES Johan Carballeira de Bueu, a participar nunha serie de actividades centradas no rexeitamento da violencia contra as mulleres. Os alumnos e alumnas dos tres centros públicos de Bueu, pintaron as mans de cor laranxa* e estampáronas sobre cartolinas, escribiron frases de apoio ás vítimas e recordaron ás mulleres asasinadas escribindo os seus nomes sobre siluetas de bolboretas*.


* O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. A convocatoria foi iniciada polo movemento feminista latinoamericano en 1981 en conmemoración á data na que foron asasinadas as irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), tamén coñecidas como As Mirabal ou Bolboretas, en República Dominicana.
* A campaña do Secretario Xeral das Nacións Unidas ÚNETE para pór fin á violencia contra a Muller convida a «pintar o mundo de laranxa», usando así a cor elixida por esta campaña como símbolo dun futuro máis brillante sen violencia.

Ademais deste acto, o alumnado de 3º e 4º ESO participou nun programa de Radio Ons centrado nunha audición musical con cancións referentes á violencia de xénero. José Luís (3º ESO) e Ana, Mila e María (4º ESO) foron os/as encargados/as de levalo a cabo.




O cartel que ambientou o espazo da radio, onde se pode ver unha reprodución do cadro de Picasso "Muller que chora", foi elaborado polo alumnado de 1º ESO A.

Tamén tiveron lugar varias actuacións no salón de actos nas que participaron alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO. Poemas, cancións e obras de arte rexeitando a violencia de xénero que emocionaron tanto ao alumnado como ao profesorado.


20/11/16

"O rostro das letras" e Castelao

O 19 de novembro os departamentos de Xeografía e Historia, Lingua Castelá e Literatura e Educación Plástica e Visual, organizaron unha saída a Pontevedra. O alumnado de 3º e 4º da ESO visitou, no Museo de Pontevedra, a exposición "O rostro das letras. Escritores e fotógrafos en España desde o Romanticismo ata a Xeración de 1914" e os fondos sobre Castelao.

A exposición fotográfica representa a diferentes persoeiros como Rosalía de Castro, Valle-Inclán, Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Galdós, Baroja, Emilia Pardo Bazán, Unamuno... Todos eles retratados por grandes fotógrafos dos séculos XIX e XX que foron testemuñas dunha época gloriosa da literatura española e galega, como Alfonso, Compañy, Franzen, Juliá, Kaulak, Nicolás Muller, Santos Yubero, Catalá-Roca e Ramón Masats, entre outros.


Nesta mostra reflíctese a evolución do retrato fotográfico desde os primeiros procedementos utilizados (o daguerrotipo e o calotipo) ata o desenvolvemento da prensa ilustrada e o mundo dos reporteiros gráficos. 

Ademais dos primeiros retratos fotográficos e as cartas de visita, os apartados que máis nos chamaron a atención foron os dedicados aos vellos estudos fotográficos, cos decorados e os obxectos cos que os fotógrafos contaban para ambientar as súas fotografías, e o centrado nas tertulias e cafés, onde organizaban as súas reunións os literatos.

Tamén tivemos unha interesante charla didáctica sobre a vida e a obra de Castelao. Descubrimos as súas múltiples facetas: debuxante, pintor, caricaturista, ilustrador, escenógrafo, novelista, médico, etnógrafo, autor teatral, ensaísta, político... A través da ilustración de "Migueliño" coñecemos o relato de Castelao e mesmo fixemos a nosa particular representación.



Aproveitamos a nosa estancia en Pontevedra para facer unha visita guiada polo casco vello. Raquel, a guía turística do Concello, contounos algo de historia da cidade, dalgúns edificios e prazas, as peculiaridades dos nomes dalgunhas rúas, as familias representadas nos escudos das fachadas...

O seguinte vídeo resume esta interesante xornada.



11/11/16

11 de novembro, Día das Librarías

Hoxe, 11 de novembro, celébrase o Día das Librarías. A modo de conmemoración deixámosvos unha escolma dalgunhas das librarías máis fermosas do mundo.

Selexyz Dominicanen (Maastricht-Países Baixos)


 

O Ateneo Grand Splendid (Bos Aires)


 

Cafebrería O Péndulo (Cidade de México)

 

Barter Books (Alnwick, Reino Unido)

 

Altaïr (Barcelona)

 

Lello (Porto)

 

Kid’s Republic (Pekín)

 

Acqua Alta (Venecia)

 

Bardón (Madrid)

 

The Last Bookstore (Os Ánxeles)

10/11/16

II Maratón Fotográfico San Martiño de Bueu



     Mañá celebramos en Bueu o San Martiño. Desde a Biblioteca do IES Illa de Ons queremos animar a toda a Comunidade Educativa a participar no II Maratón Fotográfico, unha das actividades programadas polo Concello. 
   

Temática

     Forman parte da temática do Maratón todas as actividades relacionadas coa festa, así como as tradicións e costumes propias do San Martiño de Bueu. As fotografías presentadas terán que realizarse durante os tres días que comprende o maratón, para o que se programarán dous percorridos fotográficos organizados, un por cada categoría (adulta e infantil/xuvenil, consultar programación). Ademáis disto, as persoas participantes poden facer de xeito libre fotos representativas do San Martiño de toda a actividade en torno ás festas (pasarrúas, eventos relixiosos, comida, verbena, tradicións do outono coma o magosto, xogos tradicionais, etc).
 

Premios e categorías

Categoría adulta (maiores 14 anos)
  • Primeiro premio: 150€ + impresión e enmarcado da imaxe + lote entidades colaboradoras
  • Segundo Premio: 75€ + impresión e enmarcado da imaxe + lote entidades colaboradoras
  • Terceiro Premio: 50€ + impresión e enmarcado da imaxe + lote entidades colaboradoras
Categoría infantil/xuvenil (menores 14 anos)
     Escolleranse as tres mellores fotografías, que recibirán como premio: impresión e enmarcado da imaxe + lote de entidades colaboradoras.
     Selección de fotografías finalistas a maiores das xa premiadas, que pola súa calidade poidan formar parte da exposición organizada con motivo do II Maratón Fotográfico San Martiño de Bueu.

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS FINALISTAS E GAÑADORAS
Do 19 ao 26 de novembro, en horario de apertura da Praza de Abastos (rúa Montero Ríos, s/n 36930 Bueu).

     O Maratón celebrarase do VENRES 11 AO DOMINGO 13 DE NOVEMBRO ambos inclusive, e os traballos entregaranse ata o LUNS 14 DE NOVEMBRO antes das 00:00h da noite preferiblemente por medios dixitais no formulario web da páxina de ARGO NAVIS, ou fisicamente na sede de Argo Navis en horario de 10:00h a 13:30h e de 16:30h a 20:30h (Montero Ríos nº 57 baixo, 36930 Bueu, Pontevedra).

02/11/16

Lecturas de terror en Radio Ons

     O pasado venres, co gallo da celebración do Samaín, os equipos da biblioteca e de dinamización lingüística estivemos a ambientar a radio para a retransmisión do programa que terá lugar o día 4 de novembro. Nesta ocasión será o alumnado da materia de Oratoria o encargado de realizar distintas lecturas dramatizadas de terror.

     Para ir abrindo boca podedes premer na seguinte imaxe e escoitar o relato "El corazón delator" de Edgar Allan Poe, autor co que tamén damos comezo ás nosas lecturas do Club.

http://podcastcdn-11.ivoox.com/audio/0/1/4/1/elcorazondelatoredgarallanpoe-tallerbrujulas-ivoox1481410.mp3?secure=XAHSSWGTQTSqRCiKz4h2TQ==,1478108237

28/10/16

Gañadores/as do concurso de marcapáxinas

      Xa temos gañadores/as do concurso de marcapáxinas convocado pola biblioteca:
  • Diana Ogando (1º ESO A)
  • Lucía López (3º ESO A-1)
  • Miguel Comedeiro (3º ESO A-2)
  • Ana Cortizo (4º ESO A)
     Os traballos premiados, así coma o resto dos deseños presentados polo alumnado dos distintos cursos, formarán parte dunha exposición na biblioteca do centro.

19/10/16

24 DE OUTUBRO - DÍA DA BIBLIOTECA

     Para conmemorar o 24 de outubro, Día da Biblioteca, o equipo da biblioteca convoca un concurso de deseño de marcapáxinas ao que está convidado a participar todo o alumnado do centro. Valorarase fundamentalmente a creatividade e a presentación dos deseños e poderán outorgarse varios premios en función da calidade dos traballos presentados.
     O alumnado poderá facer entrega dos marcapáxinas ao responsable da biblioteca do centro durante os recreos. O prazo de presentación finaliza o luns 24 de outubro.

    Nas seguintes imaxes, con ligazón a páxinas que vos explican como e con que materiais traballar, podedes atopar exemplos de marcapáxinas que vos poden servir de inspiración:

http://katokula.blogspot.com.es/2014/08/how-to-make-origami-monster-bookmarks.html

http://howaboutorange.blogspot.com.es/2013/01/heart-shaped-page-marker-origami.html

https://es.pinterest.com/pin/314970567672663858/

https://www.etsy.com/es/listing/253767940/marcapaginas-mapa-vintage-madera?ref=shop_home_active_10&langid_override=0

13/10/16

A arte de facer un libro



     Fai non demasiado tempo, os libros imprimíanse un a un, a man. O proceso esixía dedicación, minuciosidade e unha atención ao detalle excepcional, desde o momento no que se armaban as caixas de tipos para logo entintalas e pasar o papel pola prensa, até o proceso de dobrar, alisar e cortar os pregos para coselos, encolalos e encadernalos debidamente.
     No vídeo podes ver todo o proceso de fabricación dun libro:
     As letras de metal colocábanse unha a unha formando as palabras e as liñas. Preparábanse oito páxinas de texto que eran entintadas dun xeito uniforme. Colocábase o papel sobre as "páxinas de metal" e nunha prensa facíase a presión suficiente para estampar o texto entintado. 
     As follas impresas eran pregadas, cortadas, aplanadas nas dobreces e posteriormente cosidas en bandas. O lombo redondeábase e os bordes das páxinas recortábanse para igualar o seu tamaño. Os extremos do lombo eran protexidos e utilizábase unha cuberta de coiro para forrar o libro. Finalmente embelecíase utilizando unha ferramenta de metal quente.

02/05/16

LIbros en castellano

18/04/16

Lectura obras de Manuel María

     O Concello de Bueu súmase este sábado á celebración do DÍA DO LIBRO, polo que organiza unha lectura de obras de Manuel María, ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Con este motivo quere facer un chamamento á participación do maior número de persoas, alumnado e familias, O acto terá lugar este sábado ás 12 horas na Biblioteca Municipal Torrente Ballester.

03/03/16

Taller sobre "Xornalismo na escola"

O venres día 4, no noso centro impartirase un taller de xornalismo ao alumnado de 3º de ESO e 4º de PDC.
O que impartirá o taller é Víctor Sariego do Colexio de Xornalistas de Galicia.