Foto biblioteca

Foto biblioteca

25/10/17

Preparativos do Samaín

     Xa queda menos para o Samaín e no IES Illa de Ons estamos cos preparativos da celebración desta data. O Equipo da Biblioteca, o Equipo de Dinamización Lingüística e os Departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá, están a organizar unha serie actividades para o día 6 de novembro, aproveitando que tamén celebramos o Magosto. 

     Ademais dunha serie de lecturas de terror por parte do alumnado e o profesorado do centro, os voluntarios/as da biblioteca están elaborando varios elementos decorativos para ambientala. O alumnado, profesorado e persoal non docente do centro que teñan interese en participar poden vir á biblioteca durante os recreos desta semana e da vindeira, onde recibirán indicacións dos colaboradores/as que actuarán como monitores/as das diferentes actividades.
 


   
     Se ademais queres participar no Concurso de cabazas terroríficas recorda que debes traela o luns día 30 de outubro. Podes deixarlla a Carolina na conserxería ou entregarlla a Olalla na aula de plástica ou na biblioteca.

     Moitas grazas pola vosa participación.

07/10/17

Voluntariado Biblioteca Escolar


     Xa temos novo equipo de voluntarios e voluntarias na Biblioteca do IES Illa de Ons. Son vinte rapaces e rapazas de todos os cursos da ESO que desde o primeiro día do curso están mostrando grande interese por colaborar en todo tipo de actividades propostas pola Biblioteca.
     Os novos integrantes están a coñecer os espazos da Biblioteca e o seu funcionamento, sobre todo desde a materia de ITI, e os veteranos, polo momento, están a realizar fundamentalmente tarefas de xestión: empréstitos e devolucións, etiquetado, organización de fondos...
     Moitas grazas a todos e todas polo voso entusiasmo! Animamos aos demais alumnos e alumnas do centro a formar parte do grupo de voluntariado, xa sabedes... a porta da Biblioteca sempre está aberta!

     * Nos vindeiros días actualizaremos a fotografía do equipo xa que faltan catro alumnas que non puideron asistir á convocatoria para facer a foto oficial.