Foto biblioteca

Foto biblioteca

23/10/20

Hora de ler

    Despois destas primeiras semanas de aterrizaxe no novo curso e feitas as avaliacións iniciais, por fin podemos poñer en marcha a "Hora de ler", un tempo dedicado diariamente á lectura (os primeiros 20 minutos da sesión de clase que corresponda). Xeralmente adoitamos animar ao alumnado a que traian o libro que lles apeteza para facer unha lectura libre, pero o profesorado tamén pode facer lecturas guiadas por materias ou lecturas compartidas. Todos os anos establecemos un calendario semanal cos 20 minutos de lectura diaria que van rotando de sesión: a primeira semana faise na primeira sesión de clase, a segunda semana na segunda sesión e así sucesivamente. Nos cortizos das aulas xa temos colocado este calendario para non despistarnos.



09/10/20

Biblioteca virtual

    Ademais das actividades de xestión propias de todo comezo de curso, o equipo da biblioteca está a traballar na planificación dun protocolo ante a posibilidade de que se produzan situacións de actividade non presencial, parcial ou total. Entre outras actuacións cómpre destacar a promoción do uso de ferramentas virtuais de videoconferencia que permitan a apertura da BE en horarios determinados, con profesorado de garda, con posibilidade de reunirse e favorecer encontros entre o alumnado de distintos cursos....

    Tamén estamos a deseñar un espazo virtual para poñer a disposición da comunidade educativa distintos recursos en liña: ligazóns de interese, materiais dixitalizados, títulos para libros electrónicos, material en liña: libros, prensa, audiolibros, xogos... 

    Presentámosvos os borradores dalgunhas das páxinas da nosa biblioteca virtual.