Despois destas primeiras semanas de aterrizaxe no novo curso e feitas as avaliacións iniciais, por fin podemos poñer en marcha a "Hora de ler", un tempo dedicado diariamente á lectura (os primeiros 20 minutos da sesión de clase que corresponda). Xeralmente adoitamos animar ao alumnado a que traian o libro que lles apeteza para facer unha lectura libre, pero o profesorado tamén pode facer lecturas guiadas por materias ou lecturas compartidas. Todos os anos establecemos un calendario semanal cos 20 minutos de lectura diaria que van rotando de sesión: a primeira semana faise na primeira sesión de clase, a segunda semana na segunda sesión e así sucesivamente. Nos cortizos das aulas xa temos colocado este calendario para non despistarnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario