Foto biblioteca

Foto biblioteca

14/12/07


DATOS DO INFORME PISA
PREME NESTA LIGAZÓN:
no seguinte enlace.


MOONKID E LIBERTY
AUTOR/A: PAUL KROPP

AIRE NEGRO



AIRE NEGRO

AUTOR/A: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ


A min este libro gustoume moito polas historias que conta que parecen reais pero o final todo è un conto. Eu recomendollo a xente que lle guste o misterio
Seila Masenlle 3º B

É unha historia ben bonita dun gran escritor como é Agustin Fernandez Paz. A historia conta o que lle sucede a unha rapaza que cree imaxinar cousas que poden ser realidade ou inconsciencia.
Eloy Agulla Gago 3ºA


A historia é interesante e non é aburrido, pero tampouco divertido. Algunhas veces é intrigante. En xeral é unha boa historia e é recomendable.
Nadir Simes Méndez 3ºB

É o libro que máis me gustou en galego porque mestura a realidade coa ficción facendo a historia verosímil
Idoya Cancelas León 3ºA

O libro AIRE NEGRO non me gustou moito ainda que me parecia moi interesante. A causa foi que mesturaba feitos fantasticos e feitos reais. A parte que mais me gustou fai cando o doutor busca a cura para a rapaza. O seu intento de curala provocou en mi ,un enorme sentimento de preocupacin e a vez conseguiu chamar a miña atencion.
Elvis Martinez Peralta (21/12/09)



¿SOBREVIVES?

AUTOR/A: FINA CASALDEREY

-¿sobrevives?

Este libro gustoume porque a autora escribe máis ou menos como falariamos nós, inda que se pasa un pouco coas palabras malsoantes.

Durán Pouseu,Celestino 3º A

-¿Sobrevives?.

Este libro gustoume moito, canto máis lia, máis me gustaba… gustoume porque trata dun tema que pode ocorrer na realidade entre as familias… os protagonistas son dous irmáns entre eles van ocurrindo varios sucesos. Miriam Durán Freire 3º A

O libro sobrevives gustoume porque trata dun rapaz que non lle gusta estudar, quere sre cociñeiro, e tamén ía de festa cos seus amigos, aínda que acaban en pelexas

Lourenzo Duran 3º A


É un libro xuvenil, o típico libro que conta como é a vida dun rapaz. É un deses libros que te engancha e ademais, conta cousas reais coas que te poden chegar a sentir identificados: o tema das drogas, o sexo, problemas no estudo, etc. Eloy Agulla Gago 3ºA



A BANDA SEN FUTURO

AUTOR/A: MARILAR ALEIXANDRE


Este libro gustoume moito, pois a narradora é unha rapaza de dezaseis anos(a protagonista), quen ten a mesma forma de pensar ca nós. Outra razón pola que me gustou o libro, foi porque hai moitos detalles del, que véxoos reflectidos na nosa realidade.
Araceli Durán Barreiro



Disfrutei moito lendo este libro pois conta unha historia moi realista dunha rapaza aproximadamente da miña idade á que lle pasan cousas que nalgún momento nos pasaron ou nos pasarán a nós.

Elena Martínez Graña 3ªA.

Trata dunha nena que se translada de zona polo pai, a quen lle aumentan o soldo. A ela no colexio chamábanlle Cocoliso e cousas que a molestan.
A min gustoume bastante, pode pasar na vida real.

Miriam Durán Freire 3º A

Este libro gústame moito. En ningún momento me aburriu. Os capítulos enganchábame, eran entretidos. Contaban a vida de Carlota, unha rapaza que tiña leucemia, que todos os días tiña que enfrentarse a cousas novas: novo colexio, novos amigos...

Sara Garrido López 3ºA




A banda sen futuro gustoume moito, xa que trata duna rapaza de 16 anos que chega a un instituto novo, vai contando todo o que lle pasa. Eu recoméndoo.

Mónica Porto González (5/12/2008)


3/12/07