Foto biblioteca

Foto biblioteca

28/11/10

CULTURGAL



















O culturgal pechou este domingo as súas portas en Pontevedra, a idea é a da continuidade nos anos vindeiros. “Despois do éxito desta edición, ninguén pode dubidar que haberá Culturgal 2011”, asegurou Xulio Amigo, presidente da Asociación Culturgal. Os representantes de Asociación Galega de Editores (AGE), a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), a Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono), a asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e o propio Xulio Amigo salientaron a importancia do éxito desta edición, a primeira organizada directamente pola industria, para o asentamento definitivo da feira.

http://www.culturgal.com/

23/11/10

CONTACONTOS . CHARO PITA E TIM BOWLEY

O luns 22 tivemos no centro unha sesión de contacontos moi interesante.

18/11/10

Tropa de trapo

O luns 15 de novembro viñeron ao colexio uns contacontos chamados Tropa de Trapo . Ao principio pensaba que non me ian gustar pero a verdade e que estivo moi ven. Contaronos gran variedade de contos. Despois Brais un dos contacontos ensinounos os instrumentos que trouxera:
Trouxo unha guitarra portuguesa , que tiña unha forma moi peculiar, unha especie de timbal de metal e plástico, pero atiguamente eran de ferro e pel de cabra.
Ao final fixemos un obradoiro no que estivemos xogando a unha gran variedade de xogos, paseino
moi ben.

Alba Lobeira Soage 1º A.

16/11/10

Contacontos TROPA de TRAPO

Este luns tivemos contacontos,unha actividade moi divertida.Contáronnos tres contos,dous de eles con música en directo.A min os contos que máis me gustaron foron o de Leila e o de Ramón.O de Leila,pola súa valentía e o valor que tivo ao ir buscar a Salim á guerra.O de Ramón,porque rímos muito con el,polas cousas que se imaxinaba das historias que lle contaba o seu pai,a súa cámara de fotos,a cantidade de fotos que lle sacaba a Sabela,etc.
Gustaríame que se volvese repetir¡
María Tenorio Solla 1ºB

9/11/10

8/11/10

TRABALLANDO A ORALIDADE...















O venres día 5, dúas alumnas do noso instituto, IRIA PIEDRAS e PATRICIA COMEDEIRO foron ao centro de infantil do CEIP "A PEDRA" a contarlles aos neno@s de 5 anos 3 contos.
O 1º libro que contaron foi : QUE TAL, VEXETAL?

O SEGUINTE CONTO FOI Rato Tom e Rata Tomasa

Un día rata Tomasa mandoulle a Tom unha invitación.

Invitote a biscoito hoxe as oito.


E o último conto que lle contaron foi a
Colección de Galletas
.
Galletas da avoa, linguas de gato,
galletas de can, bicos de Lulú...