Ademais das actividades de xestión propias de todo comezo de curso, o equipo da biblioteca está a traballar na planificación dun protocolo ante a posibilidade de que se produzan situacións de actividade non presencial, parcial ou total. Entre outras actuacións cómpre destacar a promoción do uso de ferramentas virtuais de videoconferencia que permitan a apertura da BE en horarios determinados, con profesorado de garda, con posibilidade de reunirse e favorecer encontros entre o alumnado de distintos cursos....
Tamén estamos a deseñar un espazo virtual para poñer a disposición da comunidade educativa distintos recursos en liña: ligazóns de interese, materiais dixitalizados, títulos para libros electrónicos, material en liña: libros, prensa, audiolibros, xogos...
Presentámosvos os borradores dalgunhas das páxinas da nosa biblioteca virtual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario