Foto biblioteca

Foto biblioteca

13/10/16

A arte de facer un libro



     Fai non demasiado tempo, os libros imprimíanse un a un, a man. O proceso esixía dedicación, minuciosidade e unha atención ao detalle excepcional, desde o momento no que se armaban as caixas de tipos para logo entintalas e pasar o papel pola prensa, até o proceso de dobrar, alisar e cortar os pregos para coselos, encolalos e encadernalos debidamente.
     No vídeo podes ver todo o proceso de fabricación dun libro:
     As letras de metal colocábanse unha a unha formando as palabras e as liñas. Preparábanse oito páxinas de texto que eran entintadas dun xeito uniforme. Colocábase o papel sobre as "páxinas de metal" e nunha prensa facíase a presión suficiente para estampar o texto entintado. 
     As follas impresas eran pregadas, cortadas, aplanadas nas dobreces e posteriormente cosidas en bandas. O lombo redondeábase e os bordes das páxinas recortábanse para igualar o seu tamaño. Os extremos do lombo eran protexidos e utilizábase unha cuberta de coiro para forrar o libro. Finalmente embelecíase utilizando unha ferramenta de metal quente.

No hay comentarios: