O venres 18 de decembro,5 alumn@s do centro foron ao CEIP A PEDRA,a contarlle contos aos de infantil de 4 anos. Victoria Freire, contoulles a historia de "Xanardán e a becha". Óscar Santos e Erica Ferradás contarionlle "A cebra Camila". Álvaro Omil, contoulles a historia dos "tres bandidos". Iria Piedras a historia do "lobo Buzú está namorado" .
Este libro serviume para me decatar da importancia que teñen algunhas persoas nas nosas vidas e o cariño e amor que lles debemos. Se ao principio o libro non te engancha moito non te preocupes nin deixes de lelo, pois o interesante está ao final. Aida Carballo Fazanes (21/12/09)
O libro gustoume ,sobre todo cando a protagonista se entera de que ao seu pai o asasinaron. Entón ela quere descubrir quen fora ,logo ela pensa que o rapaz que a estaba axudando a descubrir ao asasino sería o seu irmá pero ao final non é. Belén Estévez Rodríguez (21/12/09)
O libro non me gustou porque é triste e tamén porque os protagonistas estaban metidos na droga. Belén Estévez Rodríguez ( 21/12/09)
Este libro trata dunha familia que vive o mundo dsa drogas moi cerca. Eu penso que reflicte bastante ben como viven as familias que teñen este tema tan cercano e o mal que o pasan os familiares. Alba Paz Ferradás(21/12/09)
Gustoume moito o libro xa que mantén a intriga ata o último momento e van encaixando as pezas a medida que avanza a novela. Pedro Novas Otero (21/12/09)
O día 23 Anxo Fariña presentoulle aos alumnos de 1º da ESO o seu 3º libro da serie dos Megatoxos, acabado de saír do prelo." OS MEGATOXOS E OS TEMPLARIOS DA LUZ".
Exposición de Anxo Cabada de fotografías e textos poéticos que estará en horario de mañá e tarde na Sala de Exposicións Amalia Domínguez Bua do 20 de novembro ao 6 de decembro.
Levo toda a vida sachando en ti terra, e deste atafego non canso.
Como non amar a túa ollada de lama húmida como non amar as túas mans de granito canso, esmolecido.
Muller de escuma, di: cara onde miran os teus ollos.
Volverei coa noitiña para procurarmos xuntos máis terra. FRANCISCO CASTRO
Este libro gustoume moito índa que o final foi un pouco duro. É moi entretido, lese bastante rápido porque te engancha moito. Con este libro ves como viven os " greasers" e comprendes a súa situacion. Miriam Ferradás González 21/12/09
Este libro gustoume moito polo argumemento que conta. Trata dun neno que entra nun reformatorio por roubar un simple par de botas. Ali dentro ten que convivir con máis nenos e aprender a levarse ben cos máis veteranos.
Foi feito en colaboración coas Comunidades Autónomas do Estado, a RAE e o Instituto Cervantes. Non será un espazo só para moz@s, nen@s, senón tamén para as familias e os docentes, onde se atoparan todo tipo de textos( textuais, icónicos, multimedia), e as propias creacións da comunidade educativa.
O libro gustoume moito xa que é un libro que engancha. A parte que máis me gustou foi o final porque é un final sorprendente. O que menos me gustou foi o principio xa que se facía un pouco aburrido. Alejandro Dios Dominguez( 5/11/09)
Eu e os meus colegas pareceume un libro moi interesante, que reflecte como é a vida adolescente na vida real. Ángel Estévez Pastoriza 4º ( 28 de outubro de 2009)
A min esta novela encantoume.Gustoume moito porque expresa unha gran sensación de liberdade e tamén porque me parece moi emocionante unha historia deste tipo, na que o can ten que pasar por un dos ecosistemas máis extremos do mundo, Alaska, para conseguir atopar a súa verdadeira personalidade.
As man do medo é un libro bastante interesante no que se contan sete historias de medo. O malo é que algunhas das historias son difíciles de entender e outras son moi longas e por iso faise algo aburrido ó chegar á metade do libro. Celestino Durán Pouseu 4º ESO ( OUTUBRO 2009)
O libro comeza sendo interesante, pero a medida que avanza, a multitude de historias dificultan a súa lectura.
Como saberedes o Plan Lectordo IES Illa de Ons encontra entre as súas prioridades non só que o alumnado adquira unha axeitada competencia lingüística (isto é: que saiban ler correctamente), senón tamén unha motivación e un gusto polo feito de ler. Neste sentido tomouse o acordo de dedicar algún tempo en todas as materias a unha actividade diaria de lectura individual. Esta actividade comezará a partir do día 19 de outubro e para a súa realización empregarase todo tipo de textos, de xeito que poda haber alumnas e alumnos que opten por ler unha novela, unha revista (cun contido axeitado), un xornal, etc.
Os alumnos e alumnas poderán empregar libros, xornais e revistas da biblioteca do IES ou ben traeren as súas propias lecturas da casa, sempre baixo a supervisión indicada.
Con esta carta pretendemos comunicarvos o noso interese polo éxito desta actividade, para o cal é importante a vosa colaboración facilitando aqueles materiais de lectura que resulten interesantes.