Ninguén vai pensar que é certo
e ides flipar en cores
tivemos dous regueifeiros,
son sen dúbida os mellores.
Regueifar é cousa fácil
cando os nosos mestres son
Luisiño o Caruncho
E máis o Pinto de Herbón.
Aí vos vai por despedida
aí vos vai por derradeira
unha clase divertida
de como facer regueifas.
3 comentarios:
eu regueifar,regueifaba
todo o día sen parar
sen deixar o meu traballo
así poderte axudar.
pois regueifa meu amigo
meterante nun bo lio,
pidelle un pouco viño
e serás un asubio.
foiche cousa divertida
Caruncho e máis o Pinto,
deixáronnos aledados
seguro que eu non minto.
Publicar un comentario