A Biblioteca, en colaboración coa ANPA e o Equipo de Dinamización Lingüística do centro, está a promover a segunda edición do concurso de relatos en galego para conmemorar o Día das Letras Galegas. O certame, dirixido ao alumnado do IES Illa de Ons, desenvolverase na segunda quincena do mes de maio.
Ademais, durante esta semana, o alumnado do centro estivo a traballar sobre a figura de Antonio Fraguas Fraguas, autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas. O centro expuxo o grupo de carteis gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas convocado pola Secretaría Xeral de Política
Lingüística, co fin de difundir a figura e o legado do autor entre a comunidade educativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario