O
pasado sábado 4 de maio celebrouse, na Praza Massó de Bueu, a segunda
edición da Feira de Ciencia e Literatura organizada polo IES Johan
Carballeira e coa particiación de todos os centros educativos de
primaria e secundaria do concello de Bueu. Tanto o alumnado coma o
profesorado traballamos durante o curso sobre diferentes libros e
novelas cun trasfondo científico. A señorita Bubble, Marie Curie: a
actividade do radio, A culler menguante, Cando Verne amarrou en Vigo, A
volta ao mundo dun forro polar vermello, A chave secreta do universo,
Jules Verne e a vida segreda das mulleres planta e O universo nas túas mans,
deron pé nesta feira a demostrar que ciencia e literatura son
disciplinas que se complementan. Estes libros foron os protagonistas de
nove postos con actividades diversas que o público ía resolvendo e
obtendo un pequeno premio: un cubo elaborado con impresora 3D; xuntando
todos os cubos acadábase a frase II Feira de Ciencia e Literatura.
O alumnado de 3º e 4º ESO encargouse de orientar ao público sobre o uso dos iPads para poder descubrir esas curiosidades sobre un panel de planetas elaborados con volume.
Por último, e para darlle un punto marchoso á xornada, o noso posto contou cunha actividade de baile xunto con extraterrestres e astronautas virtuais, posible tamén á realidade aumentada.
Podes ver máis imaxes no seguinte vídeo:
Ligazóns con máis información:
1 comentario:
Encantoume o vídeo! O blogue da biblio de Montemogos é bibliomontemogos.blogspot.com, así tamén o podes enlazar. Grazas!
Publicar un comentario