Foto biblioteca

Foto biblioteca

23/04/20

Día do Libro

     Pois aquí pillounos o Día do Libro, nas nosas casiñas, e que mellor maneira de celebralo que lendo? Ti que libros nos recomendas? Cal estás a ler agora? Cal foi o que che marcou na túa infancia? Cal quererías ler e aínda non o fixeches? Ah! que non sabes que libro ler??? pois que che receiten un libro! Terecetounlibro.org é unha iniciativa da Escola de Escritores pola que distintos autores receitan libros en consultas online para soportar a corentena. Hoxe, para conmemorar o Día do Libro, os/as escritores/as multiplicarán as súas consultas atendendo entre as 10:00 e as 22:00 este consultorio, que contará con numerosos librólogos de garda.

Que queres ler e todos os libros da casa xa os devoraches? Durante esta crise do coronavirus moitas editoriais liberaron os seus títulos coa iniciativa #KeepReadingEnCasa, ou #YoMeQuedoEnCasaLeyendo que se puxo en marcha a primeira semana de corentena (con estes hastags atoparedes numerosas actividades online para este Día do Libro).

     Pouco antes do confinamento, a biblioteca adquiriu algúns libros que están a ser catalogados. Cando retomemos a actividade presencial poderedes gozar deles.


    Moito ánimo, que xa queda menos!

Ningún comentario: