Foto biblioteca

Foto biblioteca

27/01/21

Conexión virtual co CEIP Plurilingüe Montemogos

     O 30 de xaneiro de 1948, o líder pacifista Mahatma Gandhi foi asasinado por defender e promover a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza. Por esta razón, cada ano nesta data conmemoramos nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz, de solidariedade e tolerancia, de respecto aos Dereitos Humanos. 
     Hai dúas semanas tivemos a sorte de recibir unha invitación da biblioteca do CEIP Plurilingüe Montemogos para participar nunha conexión virtual entre os dous centros. O obxectivo era facer unha actividade arredor da lectura do libro Imagine, baseado na canción de John Lennon, que está considerada un expoñente da paz mundial. Hoxe tivo lugar a conexión virtual entre os centros, na que o alumnado de 6º de primaria fixo a lectura do libro en inglés e a súa tradución ao galego, mentres os nosos alumnos e alumnas de 1º ESO actuaron como espectadores desde as súas aulas e aceptaron a proposta de facer o papel protagonista doutra actividade nunha próxima conexión. Nos seguintes vídeos podedes ver a gravación da lectura dos textos e unhas imaxes tomadas hoxe durante a conexión.



Vémonos na seguinte conexión!

Ningún comentario: