A proposta #TransformARTE2.0: Arte en Acción traballada o pasado curso no noso centro coa colaboración da biblioteca, acaba de recibir un novo premio no X Concurso de Traballo por Proxectos. Este proxecto de carácter interdisciplinario combina a arte coa concienciación ambiental e a loita pola Igualdade co fin de crear unha campaña visual para expor a situación do planeta ante os efectos do cambio climático e as desigualdades aínda existentes.
O traballo premiado analiza a pegada de xénero en todos os ámbitos da vida, tamén nos propios contidos e referentes que se propoñen dende as diferentes disciplinas e o eido educativo, ante o cal reivindicamos o liderado feminino no activismo polos dereitos humanos ou a creación de mulleres artistas non só como referentes históricos senón como parte esencial da conformación da mirada actual ante os temas que nos afectan no día a día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario