Foto biblioteca

Foto biblioteca

01/11/25

Unha xornada terrorífica

      O luns da pasada semana celebramos no noso centro o Samaín. No recreo da mañá tivo lugar un velorio na biblioteca, no que despedimos ao defunto Adrián Ticipado Palmou con varios discursos elaborados polo alumnado de 1º ESO e cos prantos dunha serie de choronas. 

     Pola tarde, o alumnado de 4º ESO aterrorizou ao resto dos estudantes nunha pasaxe arrepiante, na que eles mesmos interpretaron distintos personaxes e elaboraron varias escenografías sanguinolentas. Ademais celebramos no pavillón os habituais concursos de doces e de disfraces de terror. Noraboa a todos/as participantes! 

CONCURSO DE DISFRACES GRUPO:

  • 3º premio: Carmen Rebollo, Elena Pastoriza, Leyre Sotelo e Noa Gago (2ºA) coa profe Raquel.
  • 2º premio: Cloe Santos (1ºA) e Paula Costas (1ºB).
  • 1º premio: Noa Otero (3ºA), Laura Agulla e Leire Fernández (3ºB).

CONCURSO DE DISFRACES INDIVIDUAL:

  • 3º premio: Borja Freire (2ºA).
  • 2º premio: Pablo López (3ºA).
  • 1º premio: Iván Souto (2ºB).

CONCURSO DE DOCES:

  • 3º premio: Elena Novas (4ºA).
  • 2º premio: Yoel Sampedro e Rami García (2º A).
  • 1º premio: Hugo Rodríguez (4ºA).