Neste Mes da Ciencia o noso centro decidiu retomar, co alumnado de 1º ESO, as visitas á exposición "Trebellos con voz", un proxecto multidisciplinario que abrangue a toda a comunidade educativa do IES Illa de Ons e que supón unha viaxe no tempo ao ano 1998, cando se abriu o centro, mostrando a tecnoloxía que se empregaba entón.
O proxecto, inicado o curso pasado con esta exposición e coordinado polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e Polos Creativos, dos que a Biblioteca forma parte, continúa neste curso coa programación de actividades interdisciplinarias coas que se pretende que a lingua galega sexa unha ferramenta de comunicación moderna e válida no mundo das tecnoloxías da información e da comunicación. Está iniciativa implica a todo o alumnado de 1º a 4ª da ESO, apostando polo traballo cooperativo entre estudantes de diferentes idades e niveis e promovendo a aprendizaxe entre iguais.



Ningún comentario:
Publicar un comentario