A actividade, organizada pola ANPA e coa colaboración do centro, adquire unha relevancia particular ao enmarcarse na conmemoración do 50 aniversario da morte do dictador Francisco Franco. O filme aborda un capítulo escuro e silenciado da historia, o funcionamento da Illa de San Simón como campo de concentración franquista, e visibiliza o horror e a represión sufrida polos presos.
Tal e como explica o seu director, San Simón é froito dun exhaustivo traballo de investigación con historiadores, documentalistas e familiares das vítimas, contou coa participación no equipo artístico e técnico de fillos e netos dalgúns presos, o que subliña a necesidade de transmitir esta memoria ás novas xeracións, evitando o esquecemento e contribuíndo a un relato máis completo do pasado.

Ningún comentario:
Publicar un comentario