Foto biblioteca

Foto biblioteca

13/06/26

Xornada de cómic na biblioteca

     Onte tivemos un encontro con Carlos González, de Wells Libros, que trouxo á nosa biblioteca unha selección de cómics da súa libraría. A actividade consistiu, en primeiro lugar, en adiviñar a temática de distintos cómics a partir das súas portadas, anotando as nosas ideas en pósits. Despois, puxemos en común as hipóteses e comentamos en grupo as diferentes temáticas. Finalmente, puidemos abrir os libros, observalos, ler algúns fragmentos e descubrir as súas historias.

      Esta actividade permitiunos coñecer a riqueza do cómic como xénero, descubrindo obras con estilos gráficos moi diferentes e temáticas variadas, e comprobar que existen lecturas capaces de responder aos intereses e gustos de todo tipo de lectores e lectoras.

     Moitas grazas Carlos, por achegarnos esta selección tan interesante!

Ningún comentario: