Era o compañeiro de traballo dun veciño seu e,aínda que a gamela coa que faenaban non era súa,el gobernaba nela coma se fose o mesmo dono.
Digo que non era un mariñeiro convencional porque pola mañá ía ao boliche, pero pola tarde ían recoller algas para venderllas ao señor Manolo, un home da praia de Beluso que,despois de secalas,vendía as plantas acuáticas a unha empresa farmacéutica.
Debido a ese dobre emprego ao meu tío apodárono O CARROMEIRO, que é un tipo de alga.
Non había nin un chisco de aire e o mar estaba en calma.O día era soleado e as gaivotas descansaban pracidamente na punta da Xuda.
Nin meu tío nin o compañeiro podían imaxinar sequera que o medio natural que lles daba de comer ía pórlles unha proba tan difícil de superar.
Cando consideraron que colleran suficientes algas nesa zona, pasaron a faenar enfronte da praia das Nenas.Había un tempo que non arrastraban algas nesa zona e estaba a rebosar delas.Colleron todas as algas que puideron e,cando se dispoñían a emprender o camiño de volta,déronse conta de que lles resultaría moi difícil levar todo o peso que tiñan cargado na gamela ata terra.
Comeron un pedazo de pan e beberon un pouco de viño e baixo un sol de xustiza reanudaron o seu camiño de volta.
Cada minuto que pasaba a gamela enchíase un pouco máis de auga e a travesía estábase a converter nunha carreira cara a cara coa morte, pois aínda que pareza un paradoxo,ningún dos dous mariñeiros sabía nadar.
Con moitísimo esforzo chegaron á Praia de Beluso.Alí xa os esperaba o señor Manolo,con bastante preocupación polo seu inusual retraso na entrega da mercadoría.
AUTOR: ÁNGEL MANUEL TORRES FERRADÁS
3º ESO IES “ILLA DE ONS”
PUBLICADO NO Nº 1 DA REVISTA “OS GALOS” DE BUEU
Ningún comentario:
Publicar un comentario