Foto biblioteca

Foto biblioteca

07/11/07

ESTARÁ NO NOSO CENTRO DESPOIS DO NADAL



Xesús Constela Doce (Ferrol 1963)é un escritor en lingua galega. Gañador da XV edición do Premio Torrente Ballester fallado na cidade de A Coruña en decembro de 2003 co libro de relatos As humanas proporcións, obra publicada pola Editorial Galaxia no ano 2004 e galardonada no ano 2005 co Premio da Crítica da Asociación Española de Críticos literarios na modalidade de Narrativa en Galego.
As humanas proporcións configuran unha proposta literaria na que xorde un novo territorio narrativo para a lingua galega, cunha linguaxe, en palabras da crítica, arriscada e efectiva.

Estudou Filoloxía inglesa na Universidade de Salamanca, onde tamén participou en revistas de creación literaria. Residente na localidade de San Xoán de Poio, actualmente é profesor de lingua inglesa no ensino secundario público. É colaborador habitual do suplemento Nordesía do Diario de Ferrol.

Recollido da Wikipedia galega

Ningún comentario: