Meu avó contoume que seu pai ía moito de pesca,seica daquela non habia motores e tiñan que remar.Meu bisavó pescaba polbos e para iso utilizaba uns aparellos chamados nasas : estas íscanse con outros peixes mortos e bótanse ao mar,e logo os polbos métense dentro para comer e xa non poden saír.
O meu bisavó tiña unha gamela, toda chea de nasas,pero sempre botaba unha sesta mentres esperaba que picasen os polbos.Aquel día facía bo tempo.Meu bisavó remou ata que lle pareceu que chegara a bo sitio,iscou as nasas con sardiñas e botounas ao mar; e coma sempre,pegoulle a fame e comeu un pouco de pan de millo que fixera a súa muller e bebeu unha botelliña de tinto que el dicía:"Era o sangue de Cristo e non podía facer mal".
Despois de todo isto púxose a durmir.Non se sabe se foi o pan de millo ou o viño tinto; o caso é que durmiu moi a gusto,tanto que non se deu conta de que xa pasara a hora de recoller as nasas e ir para a praia onde o esperaba a súa muller.
Miña bisavoa ,alarmada pola tardanza,foi á casa dos veciños e deseguido mobilizaron medio pobo para poñerse en busca do bisavó,que durmía coma un neno a bordo.
Contan que despois de tanto susto á fín o atoparon aínda que pensaron que estaba morto xa que non se movia.Só cando un veciño lle botou a man chorando a mares,el abriu os ollos e dixo:"¿Por que choras, Manuel?"
Á fin, todo quedou nunha anécdota,pero a miña bisavoa case o mata.
Dende aquela non lle deixou levar a comida e moito menos o tinto...así,cada vez que lle pegaba a fame, tiña que volver para a casa.
AUTORA:MIRIAM SEIJAS CABODEVILA. 2º ESO
IES ILLA DE ONS.
PUBLICADO NO Nº 1 DA REVISTA OS GALOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario