Foto biblioteca

Foto biblioteca

06/02/08

“El niño con el pijama de rayas”, unha cita a cegas.



Se tes pensado ler este libro o primeiro que tes que facer é non ler nada do que se escriba sobre el. Será como unha cita a cegas. Terás que confiar en min ou en algún amigo ao que só debes deixarlle que che diga si cho recomenda ou non. Calquera outro dato non fará máis que ir estragando a túa posible lectura. O relato está construído dende a... ¡Xa o estou desgraciando!

A lectura deste libro tráeme á cabeza un xogo cinematográfico, que recomendo aos coleccionistas de sensacións e aos amigos das sorpresas. Regálate unha sorpresa. O xogo consiste en entrar nunha sala de cine sen saber que é o que proxectan. De entrada xa é como unha máquina do tempo avariada, non sabes onde te vai deixar. Nas gradas dun circo da Roma imperial, nun deserto africano do século XIX, nunha nave espacial perseguindo androides defectuosos... Todo é posible. Unha viaxe alucinante. Pero este xogo ten un perigo e é que se entras ó chou nun cine calquera, en contra do que parece, pérdese o factor sorpresa xa que tes un alto índice de probabilidades de asistir á porcallada cinematográfico da semana, Chico soba chica, chico asasina chicas o chico salva mundo. Que xa será moito salvar, e ademais ¿Quen che pediu que o salvaras pastrán?. O que ten o mundo é que sempre ten xente disposta a salvar ós demais... incluso encontra da súa vontade. Eso si que é altruísmo.

Pois este xogo é necesario para ler este libro se queres saborealo na forma en que foi planificado. Non é unha obra mestra. Nin pretende selo. É un libro sinxelo con unha esmerada elaboración do armazón para poder crear no lector determinados estados de ánimo e de emoción. É só un libro que hai que ler. É un libro que sabe dicir cousas importantes sen levantar a voz. Un libro onde as preguntas retumban e están feitas en voz baixa.

Ningún comentario: