EDITORIAL: EDICIÓNS XERAIS
EU E OS MEUS COLEGAS.
É un libro dos mesmos autores que os de "Novo diario dun xove maniático" e "Eu tamén son maniática", pero este non ten un protagonista, senón varios.
A historia relatada non está mal, pero non me gustou a forma dos autores de contala.
Este libro fala dos problemas dos adolescentes, pero separando a cada protagonista segundo a súa de pensar e actuar, tentando plasmar a variedade de formas de ser dos adolescentes.
Ángel Manuel Torres 3 º A
EU E OS MEUS COLEGAS:
Fixose moi interesante porque fala dun tema moi importante que son as drogas que consomen os rapaces. Entre eles hai un macarra que busca problemas a xente...
Miriam Durán Freire 3ª A
Paréceme un bo libro, xa que fala de problemas que ocorren hoxe en día na sociedade, pero ten un gran fallo que é que repite moito unha mesma idea. Se che gustan os libros de aventuras, ou de entretenimento este non é xa que esa mesma idea ó cabo de todo o libro,cansalle ó lector.
Sergio Portela Santos 3ºA
A min este libro gustoume moito porque fala dos problemas da sida e como poder previlo. Eu o recomendo á xente que lle interese este tema.
Seila Masenlle Alonso 3ºB
Este libro non me gustou moito xa que repetía moito o mesmo tema, e facíaseme aburrido.Deste libro, o que máis me gustou foi o principio.
Catalina Otero 3ºA
Ningún comentario:
Publicar un comentario