Ilustración da artista Abi Castillo
Tal día como hoxe no ano 1837 nace Rosalía de Castro, unha das máis importantes poetisas da literatura do século XIX, figura destacada do Rexurdimento galego e unha defensora temperá dos dereitos das mulleres. No artigo Las literatas Rosalía aborda os prexuízos sociais que dificultan que as mulleres se dediquen a tarefa literaria e
deféndese das acusacións dalgúns, aclarando que é ela mesma quen escribe as súas
obras, e non o seu marido, Manuel Murguía.
Mañá no noso centro terá lugar un acto homenaxe a Rosalía, organizado polo
profesor de Lingua e Literatura Galega Anxo Rajó e coa participación do
alumnado de 3ºA e 4ºC.
Ningún comentario:
Publicar un comentario