Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Unha ano máis abre as súas portas o Salón do Libro Infantil e Xuvenil no Pazo da Cultura de Pontevedra. Exposicións, rutas, contacontos, obradoiros, teatro e espectáculos
musicais serán de novo os protagonistas nesta XX edición que, a través da
temática da revolución, pretende achegar á mocidade a reflexión e o
pensamento crítico.
O Salón permanecerá aberto desde o 22 de marzo ata o 12 de abril no seguinte horario:
- De luns a xoves: De 17.00 a 20.00 h.
- Os venres: De 17.00 a 20.30 h.
- Os sábados e domingos: De 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h.
- O Recinto Feiral, ademais, abre sábado e domingo todo o día.
Recorda que algunhas das actividades requiren inscrición previa. Consulta o programa completo na imaxe seguinte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario