O pasado xoves foron de excursión a Ourense os participantes nos clubes de lectura de 1º, 2º e 3º ESO, acompañados polas profesoras Lourdes Garrido e Olalla García.
A nosa primeira parada foi
Celanova. Alí percorremos o conxunto arquitectónico do Mosteiro de San Salvador, facendo breves altos nalgúns dos espazos para recitar versos de Celso Emilio Ferreiro.
No mosteiro un guía explicounos con
detalle a historia das distintas construcións: os claustros, a igrexa do
século XVII (o retablo, o coro baixo, o órgano), a capela San Miguel... Na
igrexa descubrimos que a profe Lourdes Garrido, coordinadora dos clubs
de lectura, provén dunha familia de artistas, coñecidos como "Os
escultores de Parderrubias", e que no seu taller de escultura relixiosa
construíron algunhas das pezas que hoxe atopamos na igrexa. Dúas das cousas que máis nos impresionaron foron a capela
mozárabe de San Miguel (declarada monumento nacional en 1923) e a Biblioteca do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, que ten o seu espazo
físico na antiga biblioteca dos monxes do “Claustro do
Poleiro”. A biblioteca conta cunha interesante exposición, organizada dentro da campaña Voces de Muller, con escolmas de mulleres célebres en diversos ámbitos
(literatura, ciencia, política, artes escénicas...).
O
noso seguinte destino foi Allariz, onde paramos a comer e a darnos uns chapuzóns no río
Arnoia, aínda que moita calor non ía. Algunha tamén aproveitou para botar unha sestiña...
Para finalizar a nosa
viaxe e relaxarnos un pouco fomos ás termas de Outariz, situadas á beira do río
Miño, en Ourense. Alí estivemos a remollo nas distintas pozas de auga fría e
quente.
Para o vindeiro curso repetimos!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario