Igualdade
Durante este curso, a Biblioteca e outros
departamentos do centro colaborarán en distintas propostas coas profesoras que
imparten en 1º ESO a nova materia de libre elección sobre Igualdade. Estas
semanas estamos a ampliar esta sección, creada o terceiro trimestre do curso
pasado na nosa biblioteca. Algúns dos títulos adquiridos son:
Ciencia e Literatura
Unha
vez máis o noso centro participará na Feira de Ciencia e Literatura que este
ano vai pola súa terceira edición. Polo momento estamos a ler as novidades sobre literatura e natureza adquiridas polo club de lectura a comezos deste
verán, para decidir a temática a traballar, aínda que o máis probable é que
centremos as nosas actividades en textos ornitolóxicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario