A comunidade educativa do IES Illa de Ons actuou
onte por segunda vez no Auditorio de Cangas coa obra Miserábeis. O Musical.
Novamente tanto o alumnado coma o persoal docente e non docente, emocionaron ao
público co seu traballo que foi galardoado a finais do curso pasado co Premio
de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.
Esta adaptación da obra de Víctor Hugo,
actualizada desde unha perspectiva feminista, supón unha aposta para educar na
igualdade mediante unha aprendizaxe cooperativa e interdisciplinar, na que se
tratan as liberdades, as desigualdades sociais, a coraxe, a revolución ou a
defensa dos dereitos das mulleres.
Noraboa a todas e todos unha vez máis!
Ningún comentario:
Publicar un comentario