A Escola Galega de Administración
Pública (EGAP), entre os actos que organizará para honrar as letras galegas, e
especialmente este ano a Ricardo Carballo Calero, convoca, un ano
máis, un premio de literatura infantil e xuvenil.
- Poderán optar aos premios os nenos e nenas galegos con idades comprendidas entre os 9 e os 14 anos.
- Os contos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre, á elección das persoas participantes.
- Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12, e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.
- Poderán presentarse contos premiados con anterioridade por todo tipo de organismos públicos ou privados, excepto no caso de contos que xa fosen premiados pola propia EGAP.
- O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia (21 de xaneiro de 2020).
CONCURSO DE MICRORRELATOS AMTEGA
A Axencia de Modernización Tecnolóxica
(Amtega) pon en marcha o Concurso de microrrelatos "Viaxe ao 2030" no
marco do proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030.
- O obxectivo do concurso é facer partícipes aos máis novos neste proceso e coñecer como imaxinan que a transformación dixital cambiará a sociedade galega nos próximos 10 anos a través dun microrrelato.
- Poderá participar o alumnado de 1º a 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou 1º e 2º de Bacharelato de centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha idade comprendida entre os 11 e os 18 anos (ambas as dúas incluídas).
- O período de inscrición estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2020. O persoal docente será o responsable de inscribir aos seus alumnos e alumnas interesados/as en participar.
- O prazo para enviar o material do alumnado previamente inscrito estará aberto ata o día 7 de febreiro de 2020.
Ningún comentario:
Publicar un comentario