Foto biblioteca

Foto biblioteca

23/01/20

XINCANA LINGÜÍSTICA 21 DÍAS CO GALEGO E +


     Despois da xornada inaugural do pasado luns, continuamos no noso centro coas actividades incluídas dentro do proxecto 21 Días Co Galego e +
     
     Nesta ocasión realizaremos varias xincanas lingüísticas, a primeira delas mañá venres durante a hora do recreo. Poderán participar todos os alumnos e alumnas do IES Illa de Ons que, por parellas, o soliciten na Conserxería do centro. A xincana dará comezo cando un dos profesores encargados do concurso reparta a ficha de control coas pistas para conseguir as diversas palabras e, consecuentemente, as letras da palabra que deberemos formar para lograr o premio final.
     
     As pistas terán un contido lingüístico en galego, aínda que poderán integrarse tamén problemas matemáticos, contidos de ciencias sociais e historia, ou mesmo contidos literarios e/ou musicais.

     As parellas gañadoras obterán un premio relacionado coa campaña 21 Días co Galego e +.
     Boa sorte e a participar!!!


Ningún comentario: