A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, pon en marcha a cuarta edición dos Premios Provinciais á Xuventude, coa finalidade de promover o talento e o potencial da mocidade da nosa provincia.
O xurado destacou "a nosa aposta por un proxecto de teatro musical como procedemento para educar en igualdade e nas competencias clave de carácter intelectual e socio-emocional".
A convocatoria está dirixida a mozas e mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos, nas modalidades de iniciativa social, iniciativa empresarial, contido dixital, traballo musical, traballo literario breve, fotografía orixinal, e deseño e moda.
O prazo de inscrición será de tres
meses e comezará, tras o levantamento do estado de alarma, a partir do día
seguinte ao da publicación deste no BOPPO e na páxina www.depo.gal.
Consulta as
Bases completas
Ningún comentario:
Publicar un comentario