Co lema a pandemia non nos para, 12 equipos, formados por 48
estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria de Galicia e 12 titores e
titoras, competiron este venres na III Olimpíada Galega de Historia,
organizada pola Facultade de Historia do campus de Ourense.
A través da plataforma
Kahoot, as e os estudantes competiron durante tres horas en diferentes
roldas de pregunta-resposta sobre os contidos do currículo da materia de
Xeografía e Historia de 4º curso de ESO. Á final chegaron os
equipos Santa Irene de Vigo e Calasanz Padres Escolapios da Coruña,
impoñéndose na final Calasanz Padres Escolapios da Coruña. En terceiro
lugar quedou o centro Ramón Otero Pedrayo de Ourense e en cuarto posto o
Illa de Ons de Bueu.
Velaquí unha imaxe da competición, coa profesora de Historia do noso centro Diana Vilas (terceira pola dereita), titora do equipo das Wall-Stone-Craft, formado polas alumnas
Antía Novas, Paula Fernández, Sara Soliño e Carla Moital.
Noraboa a todas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario