Foto biblioteca

Foto biblioteca

27/05/20

O Illa de Ons na III Olimpíada de Historia


    A Facultade de Historia do campus de Ourense celebra a III Olimpíada Galega de Historia co obxectivo de fomentar a paixón polo coñecemento do pasado entre os máis novos e novas. Nela competirán nun concurso de pregunta-resposta 12 equipos formados por estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria ou Educación Secundaria de Adultos dos centros de Ensino Secundario de Galicia.
    O noso centro participará co equipo das Wall-Stone-Craft, formado polas alumnas Antía Novas, Paula Fernández, Sara Soliño e Carla Moital.
    Debido á pandemia a cita terá lugar de xeito virtual, podendo seguirse por streaming no enlace https://tv.uvigo.es/live/5b60870c8f4208dd20625884 o vindeiro venres 29 de maio desde as 10:00h.

    Moita sorte, rapazas!!!

Ningún comentario: