Foto biblioteca

Foto biblioteca

15/05/20

Negra sombra

     Hoxe é Pablo Villegas (2º ESO B) quen contribúe con Negra Sombra, de Rosalía de Castro, na proposta poética da biblioteca para esta tempada de confinamento. Negra Sombra, poema contido no libro Follas novas (1880), foi musicado por Xoán Montés Capón no ano 1892 e versionado posteriormente por varios artistas.


Cando penso que te fuches, 
negra sombra que me asombras,
ó pe dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida
no mesmo sol te me amostras
i eres a estrela que brila
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras
i es o marmurio do río
i es a noite, i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
 _
     Moitas grazas, Pablo!

Ningún comentario: