Foto biblioteca

Foto biblioteca

21/12/20

Entrega de premios e IV Certame de Fotografía "Obxectivo Bueu"

     Hoxe tivo lugar na biblioteca do centro a entrega dunha serie de premios que quedaran pendentes do curso pasado por mor da pandemia. Como en xuño non se puido desenvolver o curso de fotografía que nos últimos anos estaban a recibir os participantes no Certame de Fotografía "Obxectivo Bueu", a coordinadora da biblioteca, en representación da propia biblioteca e da ANPA, entregou ao alumnado un agasaio: un trípode de pequeno formato para móbiles.

    Ademais, presentouse o Certame de Fotografía deste curso académico, que nesta ocasión centra a súa temática no coidado aos maiores. O alumnado do IES Illa de Ons interesado en participar neste certame poderá entregar seis fotografías antes do 30 de xaneiro do 2021 no enderezo de correo electrónico indicado nas bases que presentamos a continuación. 




Ningún comentario: