Foto biblioteca

Foto biblioteca

21/12/20

Premio pola Educación en Valores

Un ano máis o alumnado do IES Illa de Ons recibe un dos Premios Provinciais á Xuventude da Deputación de Pontevedra na categoría de Educación en Valores. Nesta ocasión foron os alumnos e alumnas de 4º ESO do curso 2019/2020, coordinados por Diana (profesora de Xeografía e Historia) e Kike (profesor de Tecnoloxía e TIC), os que co Proxecto Podcast. Unha historia digna de contar, acadaron un merecidísimo recoñecemento polas estupendas recreacións históricas elaboradas durante o pasado confinamento.


Recomendámosvos estas amenas leccións de historia que verdadeiramente son dignas de escoitar. Podedes acceder ao Programa na plataforma de Ivoox onde están todos os podcast publicados. Tamén a Asociación Socio-pedagóxica Galega publicou recentemente unha selección deles:


A Guerra das Galaxias, unha película de Ronald Reagan de Antía Novas Arribas

En plena Guerra Fría, o mundo estaba atemorizado ante unha posible guerra nuclear entre EUA e a URSS. Ronald Reagan, presidente dos EUA, ten a solución á ameaza soviética, pero a idea non vai ser sinxela de levar a cabo.

 

Diario dunha guerra de Sara Soliño Iglesias

O señor Zuo cóntanos, desde a súa percepción e vivencias, a época da Revolución Comunista China, tamén chamada Revolución de Mao Zedong.

 

Mal inherente ou indiferenza de Paula Fernández Cruz

Unha reporteira de orixe xudía acode ao xuízo do ano. Un dos maiores asasinos nazis do século XX ten que pagar polos seus actos. Tras presenciar na súa propia pel os terribles actos levados a cabo na Segunda Guerra Mundial e ver en persoa a un dos principais causantes de tanto sufrimento lévase unha inquedante sorpresa


Berlín 1961: Sentimentos separados de Marta Veleda Pérez

Marta, unha xornalista do Washington Times terase que enfrontar durante a época da Guerra Fría a noticias tan duras como a crise dos mísiles ou os sentimentos que provoca o muro de Berlín.

Ningún comentario: