Foto biblioteca

Foto biblioteca

27/03/21

Aquí hai debate!

     As redes sociais non están pensadas para os nenos e as nenas, por iso a idade mínima de acceso establécese nos 14 anos para a maioría delas pero, o certo, é que en clase todo o mundo ten conta nunha ou en varias redes sociais. Moitos menores acceden a diario a redes sociais e iso ten consecuencias... É bo ou é malo? Debemos permitilo ou non? Aquí HAI DEBATE!

      O alumnado de 1º ESO debateu na biblioteca sobre o acceso libre ás redes sociais por parte dos menores. Orientados pola profesora da materia de Valores Éticos, Iolanda Veloso, organizáronse os dous equipos de debate que tiveron que procurar información para preparar os seus argumentos, un xurado que valorou ao remate a mellor defensa das dúas posicións e dous moderadores que explicaron as normas e xestionaron as quendas de intervención. 
     
     Deixámosvos cun vídeo que resume esta actividade.



Ningún comentario: