Desde a nosa biblioteca queremos sumarnos á celebración do Día das Escritoras, facendo visible o labor das mulleres que nos emocionan, nos fan pensar e nos axudan a entender o mundo a través dos libros.
As autoras galegas ocupan un lugar fundamental nas lecturas do noso centro, desde Rosalía de Castro, Marilar Alexandre, María Victoria Moreno ou Fina Casalderrey ata escritoras máis actuais como Ledicia Costas, Andrea Maceiras, Eva Mejuto, María Reimóndez, Iria Misa, María Solar, Rocío Leira ou Arantza Portabales, que fan da literatura galega un espazo vivo, diverso e cheo de talento.
Tamén celebramos ás poetas contemporáneas, como Chus Pato, Olga Novo, Yolanda Castaño, Miriam Ferradáns, Montse Villar, Lucía Novas ou Sara Búho, que nos traen unha palabra fonda, necesaria e repleta de beleza.
A fantasía, a novela xuvenil e a banda deseñada teñen tamén grandes voces femininas: Laura Gallego, Maite Carranza, Care Santos, Joana Marcús, Sonia Mirón, Deborah Ellis, Annabel Pitcher, Alice Oseman ou Raina Telgemeier, que conectan coa mocidade e falan de identidade, amizade, medo, amor e liberdade.
Na nosa biblioteca tamén hai espazo para as historias clásicas ou universais, como as de Jane Austen, Judith Kerr, Agatha Christie, Astrid Lindgren ou Sylvia Plath, que seguen a inspirar xeracións con voz propia.
Grazas a todas as mulleres que escriben, por encher o mundo de palabras que abren os ollos, que conmoven e que fan pensar. Na nosa biblioteca, o voso traballo ten valor, espazo e memoria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario