Foto biblioteca

Foto biblioteca

09/10/25

Pingas musicais

 


     Estamos de sorte no Illa de Ons, os timbres de entrada, saída e intercambios de clase veñen acompañados desde finais do curso pasado de Pingas musicais 💧🎵. Da selección destas ocúpase un equipo formado, polo momento, por profesorado e persoal non docente, capitaneado polo noso gurú musical Martiño Meira 😎🙌. Como el mesmo explica nun pequeno texto ao que temos acceso na aula virtual do Centro, estas Pingas non teñen outra pretensión ca de humedecer os oídos cunha variedade extensa de música popular e tamén de música de culto. Neste sitio da aula virtual poderemos coñecer os intérpretes e os nomes das pezas e tamén beber das pingas acumuladas cada semana até fartar as orellas! 

     Se formas parte da comunidade educativa do IES Illa de Ons e non es usuario ou usuaria da aula virtual, podes solicitar o acceso a este espazo musical na secretaría do noso centro.

Ningún comentario: