
Gustoume a historia da que trata, aínda que o protagonista é un rebelde e mal estudante.A curiosidade que ten este libro é que foi lido polo asasino de John Lennon
Mº Elisa Dios Ríos 4ºB
1. Tanto o software libre como o software privativo permiten desenvolver os contidos e actividades programadas nas escolas.
2. O software libre está na súa maioría traducido a linguas minoritarias, e en particular a lingua galega. Non acontece o mesmo con outras aplicacións básicas en software privativo.
3. Se utilizamos software privativo na escola (a Administración permíteo porque hai uns anos apenas existían alternativas) estamos condicionando ao alumno/a a utilizar o software dunha empresa que posúe o monopolio neste campo (Microsoft). E tamén indirectamente obrigándolle a utilizar o software utilizado na escola na súa propia casa.
4. Os alumnos/as teñen acceso ao software libre de forma gratuita e legal, e poden compartilo.
5. A filosofía do software libre concorda cos valores promovidos pola escola para unha correcta socialización (solidariedade, colaboración,...)
6. E a última por agora... prefiro traballar por unha causa solidaria e pertencer á comunidade do software libre, que traballar gratis para Microsoft (empresa privada con intereses lucrativos, e que a min non me dá nada) axudando a "fidelizar" a persoas "inocentes".
Presento a continuación unha serie de documentos que achegan máis argumentos para o uso do software libre nas aulas, con especial relevancia das entrevistas e conferencias de Richard Stallman, o principal impulsor da filosofía do software libre.
Noitebra é unha aventura espeluznante dunha rapaza que se encontra atrapada nunha noite de chuvia por mor dun accidente coa súa escúter, intentando chegar á súa casa. Encantoume e recoméndollo a todas as persoas que lles guste ler nunha tarde chuviosa onde non teñan a onde ir. JOSUHA ACUÑA MARTÍNEZ 3ºA.
Noitebra é un libro moi interesante.
O que máis me gustou e o que lle pasou dende que caeu da moto ata que a colleu.
Recoméndoo porque me parecen interesantes as aventuras da rapaza, que como a ela, poderíanos pasar a nós.
Ainoa Verde Rios 3º B
Gustoume moito.A historia interesoume dende o principio ata o final,e o libro fíxoseme curto de ler.
O tema a tratar pareceume interesante e o vocasbulario empregado fácil de comprender.Rebeca Agulla Peixoto 3ºA
Este libro gustoume moito.Desde o comezo "enganchoume" porque cada vez ponse máis interesante;á rapaza despois de ter o accidente pásanlle varias cousas.Ademais lese ben porque ao ser interesante faise curtiño.Mirian Durán Freire. 4º B
Gustoume moito porque aprendín como podes facer cando te atopas nesa situación para sobrevivir. Fíxome pasar un bo tempo esté libro.
Miguel González Domínguez (21/12/09)
Paréceme un bo libro, xa que fala de problemas que ocorren hoxe en día na sociedade, pero ten un gran fallo que é que repite moito unha mesma idea. Se che gustan os libros de aventuras, ou de entretenimento este non é xa que esa mesma idea ó cabo de todo o libro,cansalle ó lector.
Sergio Portela Santos 3ºA
A min este libro gustoume moito porque fala dos problemas da sida e como poder previlo. Eu o recomendo á xente que lle interese este tema.
Seila Masenlle Alonso 3ºB
Este libro non me gustou moito xa que repetía moito o mesmo tema, e facíaseme aburrido.Deste libro, o que máis me gustou foi o principio.
Catalina Otero 3ºA
O Corsario Negro
A min gustoume este libro.
Nel relátanse as intrepidantes aventuras dun capitán corsario que o alcumaban “o Corsario Negro”.Este libro seguro que lle gustará á
xente afeccionada ás historias de piratas e corsarios.O Corsario
despois de saber a morte do seu último irmán,que foi asasinado
polo home que matou aos seus outros irmáns,fará un xuramento
ao mar onde están enterrados.Matará a Wan Wuld e a toda a súa
familia.
A verdade, quedei enganchado con esta historia,aínda que algo
longa non me importou.Espero ler canto antes os dous libros que
me faltan da triloxía do Corsario Negro.
Xosé Guerra Vilas 4ª
Compañeiros, despois da lectura do LIBRO DAS ALQUIMIAS de Xesús Constela Doce, o que nos vai vir dar a charla dentro do programa lector, enviovos un pequeno resumo do mesmo.
Editorial Galaxia (Costa Oeste)
"Un rapaz que está a descubrir o mundo encontra de pronto a presenza dun vello que vai deixando ao seu paso, sen decatarse, unha guedella de estreas. Días despois sabe que ese ancián é o novo inquilino do baixo do seu edificio. A partir dese momento, a súa atención centrase en coñecer as misteriosas actividades ás que o vello se dedica (que son recoller e coidar dos libros). É un libro que fala do coidado dos libros, das alquimias que podemos descubrir neles. Fala de Historia, de Matemáticas, sin facerse pesado, da queima de libros desde os tempos de Alexandría."
Está recomendado para os adolescentes, personalmente resultoume moi fácil de ler. O libro ten 188 páxinas e está dividido en 29 capítulos.
publicado por FINA DOCE
Tristes armas:
Este libro gustoume porque me interesaba a época na que se ambientaba ( na guerra civil española ) e ademais ten unha historia moi bonita.
Pedro Novas Otero 3ºA (18/12/08)
“Tristes Armas” conta unha fermosa historia de amor, ambientada na época da Guerra Civil, na que as protagonistas, xunto cos demais nenos españois, son exiliados a Rusia, e alí refán as súas vidas.