Foto biblioteca

Foto biblioteca

27/10/08

SAÍDA Ó CAUREL














O xoves 23 e venres 24 saímos 3 profes con 33 alumnos/as de 4º da ESO, para visitar a cova da Ceza, e a devesa da Rogueira,e xa de volta facer unha parada no Cebreiro.
A saída foi o xoves ás 9 da mañá do instituto, e fixemos a viaxe en autobús.
Ás 14 horas estaba entrando na cova o primeiro grupo de 11 rapaces, cunha duración dunha hora aproximadamente no interior da cova para cada grupo.
Ó remate ás 18,30 dirixímonos para o campamento que está en Seoane do Caurel e pasamos a noite nos bungalows.
Levantámonos cun día frío pero co ceo despexado, pensando en subir ó Formigueiro (1.630m),e percorrer a devesa da Rogueira, cousa que fixemos deica as 14,45h.
A continuación marchamos xa de volta a casa, non sen antes facer unha paradiña no Cebreiro ,con visita ó interior dunha palloza.
A cova da Ceza está percorrida por un regato que nace nun lago situado ó final da cova.Ten un percorrido duns 650 metros e atopase na parroquia de Noceda a 7 km de Seoane do Caurel.

Na seguinte ligazón podedes ver un percorrido ó interior da cova. ¡ Vale a pena dedicarlle uns intres!
A COVA DA CEZA. CPI DOS DICES ROIS. 1º PREMIO na modalidade C a innovación de recursos educativos

Espeleoloxía
Descubrindo o mundo subterráneo

Dende sempre, o home interesouse pola exploración das covas na busca de acubillo, vivenda, auga e mesmo tesouros. Por estes motivos, o nome da nosa práctica deportiva,Espeleoloxía, toma o seu nome de dúas palabras gregas «spelaion: caverna ou cavidade» e «logos: tratado ou estudo».

Aínda que ó longo da historia houbo exploracións subterráneas, a práctica tal e como hoxe a coñecemos, nace a finais do século XIX da man de Edouard-Alfred Martel, verdadeiro promotor e pioneiro do que hoxe en día chamamos espeleoloxía moderna.

O crecemento da espeleoloxía en España e Galicia, malia ter que facer mención das exploracións feitas polos galegos Casiano de Prado e Jesús Carballo a mediados do século XIX, é moi lento ata mediados dos anos 60 (do século XX). A partir deste momento prodúcese un auxe na práctica
deste deporte.

A espeleoloxía deportiva

A práctica da espeleoloxía permítenos:

  • Descubrir o que hai debaixo da terra: salas, galerías, ríos, lagos, estalactitas, estalagmitas, ...
  • Facer un deporte moi completo, onde escalamos, descendemos e ascendemos por cordas, ...
  • Coñecer a natureza, montañas, ríos,...
  • Realizar un traballo en equipo, fundamento da exploración espeleolóxica.

A espeleoloxía como deporte-ciencia

Ademais de todo isto, a espeleoloxía ten un compoñente científico, xa que nós, como espeleólogos levamos a cabo:

  • As topografías das cavidades, para o que realizamos medicións con brúxula, clinómetro, fita métrica e outros aparellos.
  • Estudos hidroxeolóxicos, coa finalidade de coñecer o comportamento das augas subterráneas, tanto dende un punto de vista científico, como para realizar as exploracións con seguridade.
  • Estudamos e loitamos pola conservación da fauna subterránea, pouco coñecida e nalgúns casos de grande interese biolóxico.
  • Ademais doutras áreas como: arqueoloxía, climatoloxía, fotográfica, mergullo en cavidades, ....
http://www.espeleoloxia.org/ga/Espeleologia.html
Información recollida da páxina da federación Galega de espeleoloxía.

Ningún comentario: