Foto biblioteca
26/10/08
COA MÚSICA A OUTRA PARTE
Hoxe fomos coa música a outra parte. Fomos a Santiago para escoitar flamenco feito por un galego da Pobra do Caramiñal, Marcos Teira. Marcos, acompañado do percusionista e baterista vallisoletano L.A.R. Legido, foi recorrendo os paus máis significativos do flamenco e foi tocando dous temas de cada un. O primeiro tradicional e o segundo unha composición actual. Marcos sabe que non se pode perder a perspectiva, que é importante coñecer a raíz. Pero Marcos toca moitos paus ademais do flamenco, toca folque, rock, jazz... Tocou con Rodrigo Romaní, con Budiño, con Leilía...hoxe comparte dúas formacións Marful e Narf. É un guitarrista de referencia.
Se queredes iniciarvos no coñecemento do flamenco recoméndovos que leades e escoitedes a unidade didáctica que preparou e que podedes topar nesta dirección:
http://www.auditoriodegalicia.org/didactico/index.php?idn=./Unidades_Didacticas_Musicais/Unidades_didacticas._Tempada_2008_2009&lg=gal&txt=aud_didactico
Escoitar outras músicas axúdanos a entender mellor o mundo, incluso o que temos máis próximo.
O seu MySpace é:
http://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=207169039
A escoitar!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario